Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Álvaro Vieito

Tras gravar ‘Introducing Álvaro Vieito'o guitarrista e compositor porriñés volta á carga cun completamente renovado repertorio rebosante de enerxía, forza, drama e lirismo no que se fan aínda máis patentes influencias de estilos como o folk, pop, rock ou jazz. Composicións onde conflúen a sinxeleza e honestidade dunha canción de autor, o épico dunha banda sonora, o frescor do "through-composed" e a liberdade que otorga a capacidade de improvisación, cun enorme potencial para emocionar.

Galego

Aló Django Trio

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.

 

 

Galego

After

  • After é un espectáculo no que hai poesía, música en directo e simpáticas historias. Está pensado para aquelas persoas que xuran que na vida asistirán a un recital de poesía. Pero Aldao e Lado xa avisan de que este non é un recital convencional. É a poesía como nunca a viches e a diversión como nunca

    imaxinaches. Ás poetas gústalles definilo como un cabaret lírico.

    Lucía Aldao e María Lado levan máis de dez anos escribindo e lendo poesía en

    público e elas mesmas non soportan a idea dun poeta aburrindo o público cos

Galego

Alberto Vilas Quintet

Este quinteto de jazz está formado por cinco músicos profesionais procedentes dos máis variados estilos musicais que van dende o Blues ao Rock, do Folk ao Funk ou do Clásico ao Tango entre outros, pasando mesmo de xeito individual por máis dun destes xéneros. Amosan unha riqueza musical inmensa e extraordinaria.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde actúan.

Galego

Agoraphobia

Agoraphobia lanza o seu primeiro EP, "Dirty Little Things" a finais de Setembro do 2014, tras ter gañado o concurso de talentos musicais VODAFONEyu. Foron seleccionadas entre un gran número de propostas de toda a península.

Compartiron escenario con grupos de primeira liña nacional como Russian Red, The Zombie Kids, Lori Meyers, Wally López ou Delorean e teñen tocado xa como cabezas de cartel en festivais da relevancia do Brincadeira, Son Rías Baixas ou o Castelo Rock. Agora preparan o seu salto a nivel nacional e internacional.

Galego

Adrián Costa

Cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O. ofrece unha actuación en solitario na que estará acompañado polo seu maquineto, un vello sampler que permítelle repetir gravacións feitas a se mesmo para animar....

Esta programación pode sufir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos: A Ventana,  Borriquita de Belem, Bâbâ Bar e A Fundación.

 

Galego

Orquestra Os Modernos

Como consecuencia da súa constante ansia por renovarse e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra Os Modernos ofrece un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxtrot, baião, chotis, habaneira ou tango americana, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, sen esquecer o folclore como a muiñeira ou a xota.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas dos concertos: Salason

 

Galego

Unha noite co Mago Xacobe

Unha noite con Xacobe é o espectáculo máis íntimo do Mago Xacobe.

Mestúrase un humor irreverente pero refinado, imitacións, artes afíns á maxia, monólogo e improvisación con potentes efectos de maxia e unha gran participación dos asistentes.

Un espectáculo para adultos no que a complicidade co público resulta fundamental.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos propios lugares onde se celebra: A Fundación

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explicanos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor persigueo o chunguismo, sen dúbida nengunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra: Sala Super 8

Galego

García MC & Pequeno Quilombo

A inspiración do vivido no WOMEX 2016 en Santiago de Compostela, a feira de world music máis importante do mundo, foi a que fixo que aflorase esta nova idea: Nación Quilombo. Froito de 20 anos como MC, García sorprende liderando un espectáculo innovador, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade con hip hop e coa palabra como centro.
 
Para esta proposta de salas, a Nación Quilombo convírtese no Pequeno Quilombo, unha proposta máis reducida pero sen perder forza.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo