Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Igloo

Igloo baséase en contundentes guitarras, combinadas con sons electrónicos e melodías pop, conseguindo unha especie de rock electrónico de potentes retrousos e intensas instrumentacións cunha clara influencia anglosaxona, pero totalmente cantados en castelán.

A programación dos concertos de presentación do seu último traballo El conjunto vacío pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos lugares dos concertos: Zona Cero, Sala Sama Sama Bianco, La Iguana Club e Pub Ultramarinos.

Galego

Grampoder en concerto

  • A súa primeira entrega musical chámase 'Golf Whiskey' (Discos da Máquina, 2013) que xorde coa idea de facer música fácil de transportar e onde se pode atopar desde rock portátil a pop campestre, pasando polo folk psicodélico, o punk acústico ou o hardcore comeflores.
  • O disco compóñeno 10 cancións nas que se cuestiona o negocio actual con temas coma 'Capitalismo' (mise en abyme) ou homenaxea a personaxes do ciclismo coma Robert Millar.
  •  
Galego

Felipe Villar Trío

Felipe Villar co seu trío vén de rematar en xaneiro de 2014 o que será o seu primeiro disco coma lider: Home, acompañado por Max Gómez na batería e Jose Manuel Díaz no contrabaixo. Un disco que ante todo pretende ser moi honesto, gravado en directo no estudio da sua casa, e que pretende achegarse ao son de dous dos seus grandes heroes: Jim Hall e Peter Bernstein.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos: Café-Concerto-Jazz Filloa e La casa de arriba en Vigo
 

Galego

Tributo a Pantera

Display of Power é o grupo orixinal e definitvo tributo á emblemática banda de metal Pantera

En 2002, ano da separación de Pantera, catro músicos galegos comenzan a estudiar os seus temas coun profundo respecto ata consolidarse como un proyecto tributo á banda de Texas

 

Galego

Caxade

Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-Pop de autor cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Premio Opinión ao Mellor Artista, gañador do Música Xove, unha nominación aos Premios Mestre Mateo 2013 (mellor video clip) , dous nomeamentos aos Premios Opinión 2013 (mellor disco e mellor artísta), aos Premios Galegos da Música e aos Premios de la Música Independiente.

Galego

Bestlife (UnderYourSeat) en concerto

Despois de dous anos probando distintas formacións, Bestlife (UnderYourSeat) inicia a súa andaina como trío acúsitico onde Hugo e Manuel encárganse das guitarras e Jorge do baixo, comenzando a desenvolver cancións propias onde as harmonías vocais e as letras en inglés son habituais.

Na metade de 2011 incorpórase ao grupo o bateria José Lameiras, co que se da o paso definitivo ás guitarras eléctricas e as contundentes bases rítmicas características de Bestlife.

 

Galego

Arsel Randez &The Cahoots

Arsel Randez & The Cahoots chegan agora con Blue Spirit, novo traballo producido por Juan Marigorta, para disfrutar da música e contribuir a dignificar a escena independente.

A banda é unha das máis completas do panorama leonés e totalmente orientada ao rock.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde actúan.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo