Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Felipe Villar trío

Co seu trío gravou en Xaneiro de 2014 o que será o seu primeiro disco coma lider: “Home”, acompañado por Max Gómez na batería e Jose Manuel Díaz no contrabaixo. Un disco que ante todo pretende ser moi honesto, grabado en directo no estudio da sua casa, e que pretende achegarse ao son de dous dos seus grandes heroes: Jim Hall e Peter Bernstein.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horarios nas propias salas onde se executan os concertos.

Galego

Caxade

Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos: Sala Son, A Casa das Crechas, A Fundación.

Galego

Big Lis Gumbo Band

The Big Lis Gumbo Band é o grupo de blues eléctrico encabezado por Iria "Big" Lis, cantante nacida na Coruña, 1978.
Iria defínese como unha gritadora autodidacta con bos amigos. Entorno a ela agrúpase esta Gumbo Band na que todos os sabores do blues teñen cabida: Texas, Chicago, California...y o propio cóctel de sons do New Orleans blues.
Baixo a dirección musical de Rubén "Sunny Boy"Barros Deschamps, cuxa carreira lle acredita como un dos máis versátiles guitarristas galegos, The Big Lis Gumbo Bandgraban en Bonham Studios2014THE BAIT OF BLUES,su primeiro disco.

Galego

Pendanga e oso, un espectáculo sobre o amor

Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso.

Galego

Silvia Penide en concerto

Silvia Penide actuará acompañada do guitarrista Rubén Barros ou do teclista Serxio Moreira e na batería Fernando Lamas (batería tamén noutras formacións, como a de Xoel López), co que as suas cancións gañan en matices e expresividade. Mantén un formato íntimo pero ao mesmo tempo posibilita unha musicalidade máis ampla.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas e espazos onde se celebra: Bâbâ Bar, Sala A Reserva e Sala A Fundación.

Galego

Novedades Carmiña en concerto

Sen deixar de ser fieis ao seu delirante e incendiario discurso e ao seu enérxico e divertido directo, este novo traballo inclúe 10 potentes cortes que, lonxe de abandonar a esencia punk, achéganse en frescura e indecencia tanto á suciedade do garaxe como á calidez do pop, facendo que este disco sexa unha das promesas para o ano 2011

Galego

Aló Django Cuarteto

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

Galego

Aló Django Trío

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico, cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Ademais Aló Django é un espectáculo divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes. Aló Django ten como obxectivo fundamental difundir a música manouc

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo