Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Vuelos

As ás da imaxinación fannos libres... ao despregalas, descubrimos un universo de soños que nos devolve imaxes, debuxan a nosa anatomía, xogan coa xeometría
E descóbrennos a perspectiva.
Permítennos voar.
Ver a natureza.
E xunto aos soños, atopar nosas máis secretas ambicións.
Unha viaxe a cabalo convértenos en aves con ás que secretamente desexamos.
E ceando divertidos (esa última cea, que repetimos incansables!):
Benvidos ao xogo!
Ao soño!
Voos
 

Galego

Gala máxica

Magos: Mago Linajee, Román García, Kiko Pastur, Dúo Kibalion. Mago Albert

Unha gran selección dos mellores magos do mundo, crean un espectáculo único e irrepetible dunha hora e media de duración, que farán un día inesquecible.

Galego

Elisa e Marcela

 Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Coprodución da Panadaría co Centro Dramático Galego, a Deputación de A Coruña, Concello de Vimianzo e o Concello de Rianxo.

Galego

Cancións para desafinar

Músicos:
Paco Cerdeira (guitarra)
Ánxelo de Xermar (baixo)
Paula Romero (voz)
Rodrigo Muñoz  batería)

A gramola gominola é un grupo de música rock para público familiar que presenta o seu novo libro/CD editado por Galaxia.
Neste proxecto o grupo aposta polo rock en galego, grandes temas que poderedes escoitar cos vosos fillos. Unha proposta de calidade que garante diversión a través da música.

No seu repertorio hai temas de diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, reggae ou punk.
 

Galego

1Deseo

Que un desexo pareza posible ou imposible non é garantía de que se cumpra. Os nosos desexos conviven cos desexos dos demais, como nós convivimos con amigos, familiares, coñecidos, descoñecidos. A convivencia modifica as nosas vidas. Non somos donos dos nosos desexos.

1 DESEO. Un espectáculo que fala das relacións, do cotián, do amor, do desamor, do medo, da alegría. Un espectáculo que se desprende do romanticismo da frase pide un desexo!, a través de historias e vidas que coinciden por un tempo nunha sala de espera. A sala de espera dos desexos.

Galego

El apartamento

Elenco: Laura Barba, David Tornadijo e Miguel Molinero

Cando o circo é protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e converterse en excepcional.

Circk About It presenta unha situación cotiá como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romper con facilidade, simplemente engandindo unhas pingas do mellor circo.

Espectáculo fundamentado principalmente nos equilibrios e saltos acrobáticos, con pinceladas de humor, mostra un traballo corporal moi visual que atraerá a todos os públicos.

Galego

Pum, pum!

Elenco: Andrea Bayer e Davide González

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere,  pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios