Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Edipo

Dirección: José Carlos García

Elenco: Jorge Cruz, Nadia Santos e Tiago Viegas

É Edipo o marido da súa propia nai ou o fillo da súa muller?
E os seus fillos? Serían eles tamén os seus irmáns, fillos da súa muller ou sería a súa muller a avoa dos seus propios fillos?
E, aínda máis, sería Creonte o seu tío? Ou talvez o seu cuñado?
Reinventado e sen complexos, Edipo, a nova creación da Companhia do Chapitô.
 

Galego

Lafayette show

Lafayette Show é un espectáculo de maxia con comedia e humor adicado a público familiar. Un espectáculo onde un só artista interpreta todos os personaxes que saen a escena.

Combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afins. Este show, pensado para público de todas as idades, mostra con grandes doses de humor e teatro o lado máis espectacular e fascinante da maxia.

Galego

Herdeiras Trio

Carmen Penim presenta con Herdeiras un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres.

Galego

Ela

Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. Recrea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo.

Unha mestura de poesía, humor,teatro e danza onde descubrir o imaxinario desa muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.

Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Elenco: Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Suso Jalda

Galego

Ópera Carmen. Concerto escenificado

Camerata Lirica para este 2017 acomete a espectacular e dramatica ópera Carmen, en formato adaptación escenificada.

Ópera  que conta cunha formacion de 6 voces solistas e acompañamento de piano. Traxes de epoca, mobiliario e proxeccións.

A ópera Carmen composta de G. Bizet é unha de óperas  máis representadas de todos os tempos, xunto á Frauta Magica e A Traviata, o que indica a súa vixencia e o exito que segue alcanzando dende a súa estrea en Paris en 1875.

Galego

Budiño "Fulgor 2021"

Fulgor, ábrese a un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigamento e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo. Ademais, Fulgor vén armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Galego

A deshoras

Elenco: Nuria Sanz e Chiqui Pereira

Dirección: Paula Carballeira

Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?.

Galego

El pequeño señor Paul

Elenco: Moncho Enríquez
Dirección: Pomba Leal e Arturo Ledesma

Espectáculo baseado no libro de Martin Baltscheit no que un actor xoga a ilustrar o que conta. Compón unha colaxe de imaxes con referencias ao cinema clásico, utilizando para iso un zootropo,un traumatropo, animacións, proxectores de diapositivas, de vídeo, un retro... e o conto, sobre todo o conto, que nos conta as peripecias dun home normal, moi afeccionado a ler, iso se, e que supera os conflitos cotiáns con moita imaxinación.
 
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios