Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Los malditos

Elenco: Gutavo Saffores, Emilio Buale, Quique Fernández e Soraya G. del Rosario. 

Los Malditos lévanos polo submundo que transcorre detrás dos grandes movementos de seres humanos no planeta: dende a escravitude ata a trata de mulleres, pasando polo tráfico de órganos e outros drmas aos que se expón os que abandonan os seus países en situación de vulnerabilidade absoluta.

Galego

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

Intérpretes: Vanesa Rivas e David Pernas

Berenguela é unha alegre e traste espiña de toxo .Atópase coa arrogante folla de carballo e decide xogar con ela. Pero esta folla desprézaa.
A discusión acaba en pelexa e a folla de carballo denuncia á espiña.
Esta peza de teatro distribuída en nove actos breves, ademais de ser líricamente moi fermosa, sinala unha forte crítica social: a do abuso do poder, onde os argumentos non importan ante a forza dos poderosos

Galego

Habemus mama

Xoana: Isabel Blanco
Paula: Sabela Hermida

Sinopse: Paula e Xoana son dúas irmás desesperadas por que a súa nai nonaxenaria pase a mellor vida. Pero a muller non ten intención de morrer nunca.

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Manar. A derradeira caravana

Manar: Sabela Hermida
Laúd: Hames Bitar
Percusión: Luís Taberna
Voces en off: Ana Abarquero, Manuela Varela e Lino Braxe
 
Sinopse:

Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.

Galego

Barrokino

Unha merenda no xardín é o escenario no que se atopan tres instrumentistas, dúas bailarinas e unha actriz. Ela é a anfitriona que invita aos seus amigos a compartir unha tarde placenteira ao redor dunha mesa exuberante, con fina cristalería e abundante froita. Neste espazo bucólinco o tempo deténse mentres xogan coa música e a danza, ou comen e beben entre amigos. A ambientación e os vestidos de época evocan un cadro barroco en movemento.

Galego

Pai non hai máis que un

~Unha comedia clásica de enredo que busca sobre todo facer rir , pero tamén deixar un pequeno pouso, do que hoxe en día está a acontecer nesta sociedade de crise. Todo isto aderezado coa retranca galega que nunca foi gratuíta.

Elenco: ~Xosé Manuel Conde e Julián Rodríguez Novo
 Coa colaboración de:Deborah Vukusic, Quique Fernández, Aurora Maestre, Pablo Dios e Chelo Reguera.

Galego

O ferro

Elenco: Gemma Ulloa e Nacho Martín

Dirección: Tatiana Likhavecha

Sinopse: Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís é un administrativo que traballa nun banco. Rosa é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios