Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Lúa

Dirección: Pepablo Patiño

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patiño

Sinopse; Na terra algo acontece;  hai moito ruído... berros... enfados... a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo....

Galego

Muiñada

Elenco: Tone Martínez e Alba Bermúdez

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ao ver que os dous non poden moer ao mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.

Galego

Outono

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior.

Galego

Chuches a mil e un conto ao revés

Eirín e Milucha son dous irmáns que cada noite traspasan os portóns do Mundo dos soños na nave do afable monstro Suitjar, co que vivirán un feixe de aventuras marabillosas. Un conto ao revés é a historia de cada un dos soños destes nenos, narrados por un ser próximo a eles. Estas aventuras falan de amizade, respecto á natureza, lecer saudable, a igualdade de xénero e o fantástico mundo das ensoñacións. Todo acontece a través dunha fantástica banda sonora composta de cancións  de corte pop e rock. Para bailar, cantar e pasar unha velada xenial.

 

Galego

Contacreques

Contacreques é un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 e 7 anos.

É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O reiseñor, Garvanciño, O zapateiro e os trasnos.

O reiseñor: na remota China, o canto dun paxaro revélalle o goce de vivir a un emperador.

Garvanciño: as peripecias dun minúsculo personaxe nun mundo de "xigantes".

Galego

Danza da choiva

Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres

Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

 

 

Galego

ELE en concerto

ELE ( Elena Iturrieta) presentando o seu primeiro traballo denominado " Summer Rain". Un concerto de soul e blues, con aires de folk americano, na compaña da súa banda e o coro gospel. Unha delicia para todolos públicos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios