Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Son galego, son cubano

O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario. Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea destes cantos galego-cubanos.

Galego

A canción do elefante

Un eminente psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. A canción do elefante é un apaixonante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.

Elenco: Guillermo Carbajo, Machi Salgado, Patricia Vázquez

Galego

A nena que quería navegar

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

Mentaliti

Trátase dun show familiar totalmente interactivo.

O mentalismo en clave de humor será o fío condutor. Escena, escapismo, e grandes ilusións terán tamén o seu protagonismo.

Realidade ou ilusión? cuestión da mente

Galego

PingüiSOS

Elenco: Rubén Pérez Pombo. Manoel Lamelo e Isabel Herrero

Sinopse: Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, ao corazón de Europa, na procura dunha felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical.
 Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cú de Europa, a porta de entrada, Galicia. Súbeste na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe.

Galego

Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira

Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira

O dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana.  

De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?

Galego

A cabeza do dragón

A cabeza do dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta, máis dunha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, tamén na cultura europea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios