Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Elementos

O Mago conta a historia de como el chegou o mundo da maxia. conxuga os elementos da Ar, Terra e Fogo para levar a cabo aparicions de pombas, Coellos, que da mesma maneira que aparecen desaparecen.  Durante o espectaculo sucedense recreacions das rutinas clasicas que levaron a cabo prestixiosos magos, pero con adaptacions personalizadas. 

Ter en conta que Maxico BRAIS fai o seu debut artistico con tan soio 6 anos no Teatro Principal de Santiago de Compostela da man de Teresa RABAL no programa concurso VEO VEO. Acadando o premio Revelación.

Galego

Falar sen cancelas

Espectáculo con tres cómicos excepcionais, coñecidos polo público e respectados pola profesión, como son Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, que intercalarán sobre o escenario unha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única.

Galego

Hansel e Gretel

Martín Maez como Hansel.
Rocío Salgado como Gretel.
Jonathán Caramés como Pai e Peque.
Marcos Alonso como Bruxa Prestamista.
Fernanda Barrio como Recho.

Hansel e Gretel son dous irmáns que se propoñen axudar a seu pai que quedou no paro; aventurándose no bosque para buscar alimentos, no seu camiño atópanse cunha Bruxa Prestamista que se interporá nos seus obxectivos, apresando nunha gaiola ao Irmán para comelo e tratando de escravizar á Irmá. Aparecen dous seres maxicotecnolóxicos que axudan aos nosos amigos a vencer á bruxa e rematar coa pobreza.

Galego

En Voga

En Voga é o concerto espectáculo co que se presenta o conxunto internacional Áureas. En escena veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres de catro nacionalidades diferentes. Na ficción, un grupo de mulleres emigrantes e libres coñécense nun trasatlántico e deciden formar un grupo musical.
En Voga é un espectáculo que arrecende a mar e abanea co vaivén dunha onda para traernos historias gardades en nostálxicos sobres de correspondencia.ç

Galego

O mundo máxico de Pinocho

Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Geppeto.

El é un home con idade dabondo para ser avó pero que nunca tivo fillos. Un bo día chegou ás súas mans un anaco de madeira moi, moi especial, e con todo o seu cariño traballouno ata convertilo nun fermoso boneco, Pinocho. 

Geppeto soñaba con que Pinocho cobrara vida. Tan forte e sinceiro era o seu desexo que esa mesma noite a Fada Mimadriña presentouse na súa casa para encher de vida ao boneco e cumplir así o soño de Geppeto.

Galego

Xardín desordenado

O segundo traballo de Xardín Desordenado titúlase “Aprendendo a ladrar” (Sul 2015) e está adicado exclusivamente a mulleres.

Desde a máis veterana Rosalía ata a benxamina Lucía Aldao, os textos das 17 poetas reflicten a evolución (non só poética) da muller nas últimas décadas; unha aventura histórica que nárrase neste traballo discográfico e nos concertos que o presentarán ao público.

 

Galego

Calypso

Elenco: José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres

Sinopse: M, H e J crean a realidade antes de que nos levantemos cada mañá para vela. Perdemos a realidade cada noite, xusto cando a última persoa de cada poboación dorme.
Primeiro poñen o chan: as lastras, as beirarrúas e o asfalto. Levantan as casas con moito coidado de que todo estea exactamente como estaba onte, porque se non sería confuso para todos.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios