Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Invención

Divertida proposta didáctica dirixida a un público familiar no que, como foi no caso do vaia Banda, a complicidade co público será a ferramenta para que o espectador disfrute dunha maxistral clase de inxenio . Odaiko móstranos aparatos super novidosos e virtuosas composicións feitas por eles mesmos, e que xunto cunha sorprendente posta en escena e  o humor retranqueiro farán deste outro éxito asegurado.

Galego

Solitudes

A compañia Kulunka Teatro presenta Solitudes, a súa segunda montaxe despois de André e Dorine. Unha historia que, a través do humor, profunda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia. O mesmo equipo creativo puxo en pé un novo traballo de teatro de máscaras que, sen unha soa palabra, resulta todo o contrario a inexpresivo.

Galego

O soño do rato

Elenco: Olga Abad

Dirección: Olga Abad

E unha obra de monicreques que nos fara viaxar a mundos máxicos onde todo e posible. A vez que nos fará aprender cas vivencias do seu protagonista.

Un ratiño que terá que enfrentarse os seus medos para poder alcanzar os seus soños.Camiñaremos o seu lado e realizaremos os nosos desexos.

Galego

Resaca

Resaca é a terceira montaxe de ilMaquinario Teatro, despois do éxito de O Home Almofada (2012) e Perplexo (2014).

Galego

O faiado

Elenco: Sofia Espiñeira, Roberto Casal e Fredi Muíño

Dirección: José Luis Baños de Cos

Sinopse: Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, Tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das suas vidas vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contou na sua infancia.

Galego

Romeo y Julieta de bolsillo

Sinopse: Dous catedráticos bríndannos unha clase maxistral sobre William Shakespeare, ou iso tentan. Detalles sobre a vida e obra do escritor inglés son tema de discusión, e cando de detalles trátase, ninguén mellor que eles Cantas comas utilizou Shakespeare nas súas obras? Cantos puntos? Cantas veces menciónase ás orellas? Cantas veces os seus personaxes falan de amor?

Galego

A noiva de Don Quixote

Elenco : Mercedes Castro

Fálase pouco das mulleres do Quixote. Da que máis se fala é dunha que non existiu: Dulcinea do Toboso. A que si existiu foi Aldonza Lorenzo, unha campesiña que coñeceu o fidalgo manchego e que en A noiva de Don Quixote reclama o seu dereito a explicarse, a rebelarse contra o destino real que a súa némesis imaxinada -Dulcinea- preveu para ela.

É unha historia a partir da novela de Cervantes.

Aldonza (a protagonista) está cobrando un peso que fai que a novela sexa case unha escusa para que ela fale.

Galego

Rueiro das liortas

O Rueiro das liortas é un espectáculo inspirado no teatro popular que afonda nas relacións de parella e nas dificuldades para manter vivo o amor frente ao tempo, á rutina e aos obstáculos da vida. O dinamismo dos elementos escenográficos permite representar diferentes espazos. Xuntamente co texto, a xestualidade e a música en directo, forman os ingredientes desta comedia iniciática. En escena están un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes, acompañados dun neno actor e dunha nena actriz que fan valer a súa propia verdade interpretativa.

Galego

Tropical

Tropical é a histora de dúas viaxes. Unha que comeza en Europa e remata nun país tropical, e outra no sentido contrario.

Elenco: María Torres, Gonzalo Guerreiro, Fredi Muíños, Marta Alonso e Ánxela Blanco

Dirección: María Torres e Gonzalo Guerreiro

 

Este espectáculo forma parte da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Vai Oviravai

A partir dos contidos e valores que transmite o seu primeiro libro-disco, As Andanzas de Paio, o grupo vigués Oviravai creou o espectáculo musical infantil VAI OVIRAVAI, que dende a súa estrea en abril de 2016, non deixou de colleitar éxitos, poñendo o cartel de "Aforo completo" en Ourense, Vigo e Buenos Aires, entre outros moitos lugares.

Un espectáculo familiar da Rede galega de teatros e auditorios cun formato adaptable a espazos interiores e á rúa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios