Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.

O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…

Galego

Bala perdida

Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un corsario a vida, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un Robin Hood, un John Silver, un capitán Kidd, un filibusteiro atlántico que non habita na illa da Tartaruga senón entre as néboas dun océano ignoto, misterioso e milenario. Ao seu carón, a súa mariñeiría: homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.

Galego

Get Back

Texto de Diego Ameixeiras e dirección de Jorge Coira.

Elenco: Alfonso Agra, Mercedes Castro, Miguel Guido, Tamara Canosa e Federico Pérez

 

Galego

Helena, xuízo a unha lurpia

'Helena, xuizo a unha lurpia' ofrece un relato cargado de paixón, tenrura, dignidade e humor no que se aborda, no século XXI, o drama de Helena de Troia, unha personaxe da mitoloxía grega. Trátase dun texto orixinal de Miguel del Arco que pon en escena María Barcala.

Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao e a amante de París navega pola súa travesía vital e emocional. Rexeita  a historia que se contou da súa vida e ofrece a súa versión dos feitos.

Galego

Tartufo

Jean-Baptiste Poquelin, Molière
Carles Alfaro, director

Elenco:
Casilda Alfaro: SEÑORA PERNELA, nai de Orgón
César Cambeiro: ORGÓN, marido de Elmira
Antela Cid: ELMIRA, muller de Orgón
Xoán Fórneas: VALERIO, namorado de Mariana
Mónica García: CLEANTA, irmá de Elmira
Marta Lado: MARIANA, filla de Orgón
Roberto Leal: SEÑOR LEAL, axente xudicial
Rebeca Montero: DORINA, criada de Mariana
Alejandro Saá: TARTUFO
Patricia Torres: DAMIS, filla de Orgón

Galego

Un paseo pola música negra

BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. 
 
A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit the road Jack, vibraremos lembrando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.
 

Galego

Very very big international magic show

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén vese obrigado a disfrazarse de diferentes artistas para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a diferentes personaxes intentará levantar o espectáculo, pero durante o transcurso do show as cousas complicaránse.
Ilusionimo teatral con comedia, maxia musical, manipulación de cartas, malabarismo, clown, mentalismo, hipnose, etc.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Zaquizami

Un espectáculo vitalista onde xoguetes e trastes abandonados nun faiado (zaquizamí) cobran vida, buscan novas oportunidades e fan dos seus defectos virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.

Galego

Zona en obras

Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.

Malo será que entre tod@s non acabemos estas historias cheas de música e ritmo. Osos tristes, extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, cans de palleiro que se converten en superstars...

 

A nova tolería de Brais das Hortas. Narración, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

Galego

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios