Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Baila, Roque, baila

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.
Andrea, desta vez, está acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Galego

Pum Pum

Elenco: Andrea Bayer e Xosé Manuel Esperante

Dirección: Óscar Ferreira

Salma vive rodeada de portas, portas grandes, portas pequenas, portas suaves, portas lixeiras, portas pesadas, todas as portas que te poidas imaxinar.

Salma sempre pintou portas na súa imaxinación. Debuxaba portas de cores que cando as abría saía música. Un día os seus pensamentos fixéronse realidade.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Móbil

Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, esta é a historia dun home sinxelo que vén mostrar e compartir o seu último gran enxeño. Unha máquina complexa realizada nun 90% con materiais reciclados, chea de diferentes mecanismos que reaccionan en cadea e que xeran diferentes sons e ritmos que crean un ambiente de expectación entre o público, ademais de múltiples e diversas situacións en escena. O interese polo ritmo, os malabares e o movemento, é a base e punto de partida deste traballo.

Galego

O aloumiño dunha estrela

Elenco: Marta Fajílde e Fran Martínez

Sinopse: Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara ao ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos... semella imposible, non si?

Nesta viaxe sensorial, co arrolo da música da arpa e seguindo os zapatiños vermellos, farase posible que as pequeniñas e os pequeniños se acheguen á bóveda celeste ao son da poesía.

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Os dous de sempre. Cantareiras de Ardebullo

 

Elenco: Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán

Mucha e Nucha son unha parte imprescindible da historia do humor televisivo en Galicia. Queridas por centos de miles de galegos e galegas, déronse a coñecer polas súas aparicións semanais no Luar da Televisión de Galicia durante varios anos. E da televisión, aos escenarios das orquestras: percorreron (e percorren) Galicia durante o verán como prato forte das verbenas de infinidade de parroquias, nas que xa contan por centos as actuacións en directo.

 

 

Galego

A noite do capador

Por Josito ou Moncho, os personaxes que interpreta en Padre Casares e Era visto! coñéceno en media Galicia. Este lingüista metido a actor, mazaricano de trinta e oito anos, é xa un dos grandes da ficción no audiovisual galego.

Galego

Camiño de ilusións

O mozo Daniel Polo crea un espectáculo especialmente pensado para recintos pechados como casas de cultura,teatros e auditorios, é un espectáculo moi dinamico con constante participación do publico, tanto de nenos como de adultos, onde haberá momentos de gargalladas inesquecibles, pero sen esquecerse da máis pura e dificil das ramas da maxia, "a manipulación" quedarán pampos todos os espectadores vendo os efectos máis sorprendentes, con aparicións e desaparicións máxicas de animais, bolas, cartas,...

Galego

Bhrava!

Lali Ribalta e Jordi Romeu

Construción de monicreques e obxectos: Martí Dou e Cía. L'animei Theatre.

Presentado en FETEN 2016.

BHRAVA|:

é o soño dunha moza que camiña por rúas onde as cousas non son o que parecen. A nosa protagonista camiñará por paisaxes visuais fantásticas, creados por unhas personaxes que lle farán vivir un mar de aventuras. Un tema universal que esperta a sensibilidade dos máis pequenos e dos maiores da familia a través dunha linguaxe escénica visual en grao sumo cómico e poético.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios