Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pequenas inmedioteces (cousas veredes)

Elenco: Pedro Brandariz e Víctor Grande

Dirección: Oswaldo Digón

Pequenas Inmedioteces é un espectáculo de improvisación teatral para público familiar, no que os actores-improvisadores crearán escenas cómicas a partir das ideas que as cativas e cativos vaian aportando de maneira interactiva.

Polo tanto as pequenas e pequenos serán as auténticas/os guionistas dun espectáculo único, inédito e irrepetible.Tratase dunha montaxe moi divertida e moi motivadora e didáctica para grandes e pequenos.

Galego

Pan de millo: Vai ser boa!

Vai ser boa! é un espectáculo baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.

Este espectáculo musical para o público familiar forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Tres flamencos e mil versos

Autores: Varios (poetas galegos e españois: Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Blas de Otero, Ángela Figuera, Joan Maragall, Rafael Alberti, Luis Cernuda, Quevedo, entre outros )

Elenco:
Sabela Hermida

Cantaor: Antorrín Heredia

Guitarra: Reza 'El Persa'
Violín: Pavel Sakuta

Bailarín: Juan Ramírez

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

La granja

Dende hai algún tempo os animais da Granxa viven felices. O sorriso voltou de novo o corral, onde a Galiña Carolina sigue poñendo ovos todo os días, o Gato Rufino agora descansa placidamente no seu sillón, e xa non persigue o Ratonciño Pérez, que corretea as suas anchas, xogando moi alegre co Conexo Simón.

Galego

Íntimo a viaxe da miña vida

“Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudiar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo.

Galego

Ticket

Ticket é unha viaxe pola historia do cinema de humor, un espectáculo de teatro de acción que toma como punto de partida as secuencias cómicas máis universais: Charles Chaplin, Marx Brothers, Keaton, Laurel & Hardy, Tati, Rowan Atkinson (Mr. Bean) e Monty Python, entre outros, para transformalas e trasladalas ao escenario reinterpretadas á maneira de Clownic.

Galego

Feo!

Elenco: Juan Rodríguez e Suso Jalda

Caramuxo Teatro presenta Feo!, un espectáculo inspirado en "O parrulo feo de Hans Christian Andersen.

A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! mais un día sae un parrulo diferente...

Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil

 

Galego

Salvador

Eu non coñecín ao meu avó. Morreu hai 11 anos. Emigrou a Brasil. Desapareceu. En cada foto parece unha persoa diferente. Invéntase a si mesmo. Mente, oculta información. Foi mormón, masón, católico, ateo, contrabandista? foi unha vítima. Moitos emigrantes transfórmanse. Como o "spam" desta historia. Coma se o meu avó soubese que alguén no futuro ía buscarlo e a súa maneira de agocharse era xogar coa súa identidade e coa súa historia, como xogando ao descoido.

 

Galego

Baila, Roque, baila

Baila Roque, baila! é un espectáculo de teatro e contos dinámico, divertido e participativo onde os contos e os bailes teñen cabida.

Andrea, desta vez, estará acompañada deste simpático personaxe, Roque, que nos fará rir, bailar e soñar

Elenco: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Dirección: Andrea Bayer

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios