Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Talabarte

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha , o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes.

O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

Galego

Deshábitat

Deshábitat é o encontro de catro sobreviventes. Como facer habitable o inhóspito, como atopar harmonía no hostil. Catro personaxes en busca dun espazo vital.

Espectáculo xestual, cunha sorprendente escenografía viva e protagonista. Coreografías circenses falan a través da acrobacia e a danza, incorporando chiscadelas flamencas.

En definitiva, unha historia contada desde o movemento.

Este espectáculo de Vaivén Circo y Danza  forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Panamericana

Miranda Celia do Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada finaliza na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos. 

Comedia musical que forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

 

Galego

Baladas da Galiza imaxinaria

Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, non que nos convidan a coñocer as "Baladas da Galiza Imaxinaria".É precisamente esta Galiza Imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos , a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe.

Galego

O segredo do tendal

Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar coma elas: as pinzas axudan a un pano a medrar ata se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas... ou é un can de palleiro?

 

Este espectáculo de Raquel Quiezas xoga a tensar os límites entre teatro, monicreques e pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, case nada é o que parece.

 

Galego

Xan Perillán compra queixo compra pan

Un espectáculo que mestura  o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.

Continuando coas súas andainas, nesta segunda entrega o amigo Xan Perillán vai a mercar ao híper mega súper mercado “o Rato Colorado”.

Mais o trasno do consumo irresponsable perségueo da aquí para acolá… ¿Mercará ben ou deixarase engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo?

Galego

Orquestra Sondeseu

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus componentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Galego

Vaia banda

Coa experiencia dos didácticos destes últimos anos. Odaiko tráenos “Vaia banda...”, didáctico musical,  que se presenta como unha viaxe de catro intrépidos precusionistas. 

Nela van descubrir, e compartir con nós, novos instrumentos e ritmos.       

Conseguindo que os nenos non deixen de interesarse en ningún momento do que está a pasar no escenario, mentres van descu-brindo novos sons,  guiados por estes viaxeiros.

Este espectáculo realizace acompañado de banda de música de ser posible, o que lle da máis forza e vida ao espectáculo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios