Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tres eran tres

Intépretes: Celso Fdez. Sanmartín, Benxamín Otero, Carlos Quintá.

 

As palabras confluencia, transversalidade, sinerxia, asociación, … agroman no noso mundo de agora coma se nunca antes se tiveran dado, como se pola eficiencia transmitida desde o mundo das ciencias e a técnica houbera que dividir e dividir é dividir para mellor singularizar, representar, estudar e saber… Pois os que aquí nos presentamos a regar o xardín da confluencia, … etc., e non por probar, senon por non deixar de probar, de repetir e arrexuntar

Galego

Planifica a caída

Interpretación e creación: Begoña Cuquejo

Planificar a caída é un proxecto de investigación artística no que se abordarán os seguintes conceptos:

O paradoxo. Tomado esta como a imposibilidade da planificación de algo que ocorre espontaneamente, como indica o propio nome do proxecto. 

Galego

Up2Down

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un pallaso.

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza mestúranse cunha disciplina circense nova en Galicia: O funambulismo; creando un universo singular no que dúas personalidades cohabitan ao redor do arame circense.

Elenco: Marta Alonso e Paula Quintas

Galego

Pollen Paradise

Un invernadoiro, flores, plantas e catro personaxes en movemento: estes son os elementos básicos das dúas pezas complementarias de "Pollen Paradise" coas que se propón unha viaxe humorística e poética cara aos imperfectos paraísos que creamos os humanos empuxados polo amor e o desexo.  

Na primeira peza un home tratará de construír á súa medida o seu propio Edén transformando unha planta no seu obxecto de desexo. Ningún experimento amoroso está exento de riscos. Será prudente sacar ao seu belo obxecto amoroso do invernadoiro?

Galego

La reina y el bufón

Un espectáculo con música, baile e o máis importante de todo, un volcán en erupción de humor da man deste camaleónico actor-transformista que consegue en cada unha das fotografías que fai co público ao final da función, sexan o puro reflexo da felicidade. Un espectáculo non soamente para gozar co que se ve no escenario, tamén as gargalladas e as inesperadas reaccións do público son dignas de ver. 

Galego

Que morro!!! (A min tampouco me contaban contos)

A morte deixa de ser unha inquedanza, un medo ou un final. A través das historias que forman este espectáculo, Caxoto contacontos, fai un repaso polos distintos significados que a morte ten na nosa cultura.
Durante 60 minutos póense deixar os malos agoiros a un lado para poder enfrontarse coa morte de igual a igual. Sen perderlle o respecto, pero cun sorriso nos beizos. Quen sabe, igual ata se descubre que hai de verdade na expresión "morrer de risa".

Galego

Fantasticks

Adaptación da clásica obra de The Fantasticks de Off Broadway. Cóntase a historia de dous adolescentes que forman parte dunha trama que seus pais levan a cabo, queren casalos, pero saben que se os obigan non o farán. Polo que arman unha trama na que finxen estar enoxados, os rapaces namoran, e logo todo se torce. Todo isto acompañado de boa música e diversión.

Galego

Gretel e Bela

Autor: Manuel Lourenzo

Dirección: Teatro da Semente

Elenco: Raquel Quizás e Chus Álvarez

Gretel (personaxe extraída de Hansel e Gretel) e Bela (a Bela Adormecida) atópanse nun bosque e comezan, xuntas, unha viaxe iniciática cara a crecemento persoal sen necesidade de príncipes nin palacios.

Galego

Xeado de lúa

Sinopse: Unha noite de verán un pastor noviño entrou no bosque buscando unha ovella que se lle perdera. Andaba veña dar voltas e voltas e de súpeto decatouse que estaba el tamén perdido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios