Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O Mago de Oz

Elenco: Rocío Salgado, Martín Maez, Jonathan Caramés, Marcos Alonso, Fernanda Barrio e Merchy Lago

A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer, é todo o que se pode facer. Pero un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado levaráa a un mundo onde as súas regras non serven de nada, un mundo onde deberá emprender unha maravillosa viaxe se quere regresar á casa.

O Mago de Oz é un espectaculo musical, con bailes, cancións e un montón de sorpresas. Atreveste a descubrilo?

Galego

Máxico Circus Cabaret

O patrón dun circo no que xa non traballa ninguén debido á escaseza de medios e á crise, verase no deber de parodiar a todos os artistas do show para levantar o espectáculo. Pero, para desconcerto do público, as cousas iranse complicando ao longo do transcurso da representación.

Galego

Humor Infame

O polifacético Carlos Meixide, ofrece con este monólogo unha antoloxía dos mellores números da súa dilatada carreira como humorista, que van do humor raiando no absurdo, cando non absurdo en si mesmo, á apoteose final das súas "extraordinarias exhibicións memorísticas".

Galego

Contos para un Caldiño

Andrea Ea Ea Ea é quen de facer un caldo atípico. Este caldo precisa de ingredientes moi especiais. O primeiro ingrediente son orellas, orellas que escoiten; outros ingredientes que lle darán sabor a este rico caldo son os contos, contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con bonitas cantigas.

 

Galego

Monólogo do imbécil

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”.

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Esta programación pode sufrir modificacións.

Galego

Balor na acción dunha cadeira

Sinopse: Quen seriamos nós se fosemos quen de recuperar as imaxes que os nosos antergos percibiron e retiveron breves segundos, sen que a memoria conseguira rexistralas?
Cal é a orixe da nosa dinastía interior e profunda?

Balor na acción dunha cadeira é o proceso multidisciplinar de reconstrucción do pensamento de 'O Pernas', un emigrante real que marchou de Sada a Nova York en 1910, perseguindo o cometa Halley e rematou perdido na escuridade da historia durante case 90 anos.

Galego

Demolición

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

 

Sinopse: Dúas persoas moi distintas coinciden, casualmente, como curiosos espectadores da demolición dun gran edificio que, despois de anos e anos de litixios e demoras, ten que ser derrubado por mandato xudicial. Na medida en que entre elas dúas se vai establecendo unha insospeitada relación, asistimos a un espectáculo que fala do que todo o mundo fala. Demoledoramente divertido. Demoledoramente humano.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios