Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Vaia banda

Coa experiencia dos didácticos destes últimos anos. Odaiko tráenos “Vaia banda...”, didáctico musical,  que se presenta como unha viaxe de catro intrépidos precusionistas.  Nela van descubrir, e compartir novos instrumentos e ritmos.   Conseguindo que os nenos e as nenas non deixen de interesarse en ningún momento do que está a pasar no escenario, mentres van descubrindo novos sons,  guiados por estes viaxeiros.

 

Este espectáculo forma parte da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Vacacións no mar

Un espectáculo infantil ideal para gozar en familia.

 

Sinopse: A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Virollo  róuballe o barco e faise ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos. Cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

 

 

Galego

Nosa señora das nubes

Elenco: Celso Parada, Josi Lage, Mundo  Villalustres, Pablo Costas.

 

Nosa Senñora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados  nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana  Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras , o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo.

 

Sobre a peza

Galego

O principio de Arquímedes

Sinopse: Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada– medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

Galego

Canta o cuco

Arranxos e direción musical: Santi Cribeiro e Uxía

Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións

Santi Cribeiro: acordeón e teclado

Magín Blanco: voz e guitarra

Uxía: voz e percusión

 

Galego

Páncreas

Tres amigos:
O primeiro necesita urxentemente un transplante de páncreas.
O segundo ten previsto suicidarse nun futuro non moi afastado, para esquivar a decrepitude e a vellez.
O terceiro xúntalles para expor ao segundo que se suicide xa mesmo e doe ao primeiro o seu páncreas.
A partir dese momento os acontecementos precipítanse obedecendo a un axioma da física moderna: todo o que pode suceder, por estraño que pareza, acaba tarde ou cedo sucedendo.

Galego

Os soños na gaiola

Intépretes: Vanesa Rivas e David Pernas

Esta obra é unha homenaxe ao poeta Manuel María e nela danse a coñecer parte dos poemas do seu libro “ Os soños na Gaiola”.A obra  presentalles aos nenos os poemas ao través da música e o xogo .

Nun piso dunha cidade, sentado nun sillon, durme un velliño que ata hai pouco vivia na sua aldea. Para que non estívese só, a súa filla trouxoo a vivir con ela. Un dia, recibe a  a visita da sua neta e  os dous van lembrar a pasada vida na aldea.
 

Galego

Os reloxos preguiceiros de Néboa

Sinopse: Na cidade de Néboa vívese un acontecemento extraordinario: todos os reloxos deixan de contar o tempo! Os pesadelos e a anguria apodéranse dos cidadáns provocando un ambiente de confusión e descontrol. A Alcaldesa Sabela Depresa, desesperada ante a incapacidade do Superreloxeiro Don Cuco Campá para solucionar a problemática, decide chamar á detective Lupita Grande para que investigue o maior caso da historia contemporánea da cidade. Un universo de personaxes misteriosos, segredos e enigmas ábrese a cada paso, conducíndonos a escenarios singulares e insólitos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios