Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Radio Cos

  • Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

    Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación  co país.

    A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Galego

CAIR

CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sinxelas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continuos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar.

A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o universal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.

Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando ven, pero coñécense de toda a vida.

Galego

Presidente

Autor e director: José Prieto

Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores  deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Galego

Demolición

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

 

Sinopse: Dúas persoas moi distintas coinciden, casualmente, como curiosos espectadores da demolición dun gran edificio que, despois de anos e anos de litixios e demoras, ten que ser derrubado por mandato xudicial. Na medida en que entre elas dúas se vai establecendo unha insospeitada relación, asistimos a un espectáculo que fala do que todo o mundo fala. Demoledoramente divertido. Demoledoramente humano.

Galego

Pitusa Semifusa

Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra caracterizada de Pitusa Semifusa, Olga Brañas caracterizada da súa avoa directora de orquestra e Sérgio Tannus como o seu irmán Xabier, irán explicándolles aos cativos aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un. Todo elo nun espectáculo participativo e teatral para cos pequechos e con algunha coreografía sinxela para pasalo en grande

Galego

Peer Gynt

Peer Gynt é un mozo fantasioso, aventureiro e un pouco preguiceiro que quere marchar da aldea na que vive para facerse rico e converterse no Rei do Mundo.

A súa nai Aase, farta das queixas que lle dan de Peer Gynt os veciños, e a súa paciente noiva, Solveig, queren refrear as  súas ansias de aventura …  sen moito éxito.

Só a través duns  estraños  soños  Peer Gynt acada a comprender  cas  súas ambiciosas intencións  non lle traerán máis ca problemas  e finalmente  decide quedar coa fermosa Solveig na aldea para sempre.

Galego

Sherlock Holmes e o diamante Patterson

Espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor indicado para público familiar.

O famoso detective Sherlock Holmes enfrontaráse esta vez a un complicado e emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospeitase de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas cercanías da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.

Galego

Os amos do mundo

Autora: Carmen Blanco

Director: Lino Braxe

Actores: Xosé Bonome Pedro Picos   Voces en Off: Piloto: Lino Braxe Locutor Informativos: Manuel López Torrente Policía 1: Héctor Bonome Policía 2: Lino Braxe

 

Galego

O último dragón

Autora e directora: Fina Calleja

Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo  

Nate Borrajo como a princesa Celia

Sabela Gago como a raíña nai

Elena Seijo como carteira real

Elena Seijo e Sabela Gago como manipuladoras.

Fernando Dacosta como voz do dragón.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios