Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Vidas cantadas

As vivencias coas que Leilía nos agasallou ao longo dos máis de trinta anos xuntas permítenos dicir que levan unhas Vidas Cantadas, como cantadas eran as vidas das mulleres das aldeas.

Vidas cantadas é unha aposta integral, un proxecto no que cadran orixe e fin, pechan o círculo e dentro del teñen cabida ilusións, premios, colaboracións, recoñecementos, viaxes, amizades..., e un sinfín de vivencias que mostran o que Leilía significa para a música deste país. O seu derradeiro espectáculo, con Vidas Cantadas Leilía din adeus definitivamente neste 2023

Galego

Vaivén

Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas.

Trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións.

Galego

Folk Céltico da Galiza

Sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, principalmente do seu propio traballo de campo e investigacións nos últimos 30 anos, publicadas dende o Arquivo Castro Vicente , e os seus fondos documentais e sonoros, centrados en estilos de gaita e repertorios do interior de Galiza.

Galego

SOFÁ

Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá.

A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. 

O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.

Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento.

Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

Galego

Que din as rumorosas

Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller.
Contra vento e marea, seis intérpretes do presente navegan con seis artistas galegas do pasado nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.
Un cóctel de humor e amor, no que as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretan, cantan e bailan para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.

Galego

Pioneras/Aitzindariak

Por cada respiración, por cada bágoa e por cada pinga de suor. Pioneras/Aitzindariak aúna nunha experiencia de danza a infinitos tipos de mulleres, abandera o cliché e destrúe o prexuízo sobre o xénero. Homenaxea ás pioneiras, as que iniciaron a batalla pola igualdade, acompaña ás que seguen pelexando, e conmemora ás que non tiveron a oportunidade de vencer.

Galego

O Show de Fifo

Fifo non sabe se vive nun soño ou si sempre ten sono, o que si ten claro é que neste espectáculo, coa axuda dos nenos, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de gags e de risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar. Espectáculo de interacción constante co público,de maneira directa e de xeito indirecto.

Se tes un soño ven cumplilo...

e se tes sono ven durmilo!!

Galego

Magma

Un ser illado por un mar de lava despois dunha erupción volcánica intenta 

reconstruír a realidade perdida pero, como conforma o seu concepto de realidade un ser cuxo único contacto co mundo é o magma? Como forma o relato que dá sentido á súa existencia sen ninguén que contradiga a súa versión? Como pode asegurar que 

segue con vida? Como pode asegurar a súa orixe? Como pode asegurar se pertence ao 

Galego

Lorca, sinfonía del amor oscuro

Dulzaro e o Ensemble Vigo 430, danse a man en LORCA, SINFONÍA DEL AMOR OSCURO. Un espectáculo no que se remove a tradición e o folclore castelán para xerar emocións a través da música clásica utilizando o imaxinario e a poesía de Federico García Lorca. 

Un nexo de unión entre as coplas recompiladas polo poeta granadino no seu disco de 1931, a música clásica e a música moderna co obxectivo de achegalo ás novas xeracións. 

Galego

Little Neno descobre… Os Rolling

Cando Little Neno queda durmido sempre acontecen cousas estrañas, pero estrañas de verdade...

Tras descubrir o mundo dos Beatles chega a nova aventura de Little Neno e o seu oso Renato. Nesta ocasión, os nosos amigos espertan nunha cidade de cor rubí. Alí coñecen a Mick, un mozo que quere pintalo todo de negro. Tamén a Little Neno e Renato. Convertido nun mono xigante, Mick perseguiraos por esa extraña cidade habitada polos Rolling Stones e as súas cancións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios