Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A igualdade non ten truco

Magia en la Manga presenta A igualdade non ten truco, un espectáculo que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Este espectáculo xa foi representado en numerosos centros de Educación Primaria e Secundaria de toda Galicia, cunha moi boa acollida tanto das alumnas e alumnos como do equipo docente.

Galego

Multiperspectivas#2

Multiperspectivas#2 é un espectáculo no que se mistura a palabra a través da improvisación teatral, o circo a través do traballo de funambulismo, a danza contemporánea, a intervención espacial e o público que participa na peza. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea. 

Galego

Musical Encanto Hablemos de Bruno

A historia de Mirabel e a súa fantástica familia, que viven nunha máxica casiña. Esta maxia dotou a todos os membros da familia dun don único, dende a superforza ata o poder de curar. A todos, menos a Mirabel.

Cando ela descobre que a maxia que a rodea está en perigo, e reencóntrase co seu tio Bruno, xuntos son a última esperanza de salvación para a súa extraordinaria familia.

Goza dunha colorida posta en escea, temas musicais e xuntos coñeceremos os valores que representan cada un dos membros da familia Madrigal.

Galego

Musical Tributo a Coco

Miguel é un neno que soña con ser músico, pero a súa familia prohíbello porque o seu tataravó, músico, abandonoulles, e queren obrigar a Miguel a ser zapateiro, como todos os membros da familia.

Por accidente, Miguel entra na Terra dos Mortos, de onde só poderá saír se un familiar defunto concédelle a súa bendición, pero a súa tataravoa négase a deixalo volver cos vivos se non promete que non será músico. Debido a iso, Miguel escapa dela e empeza a buscar ao seu tataravó.

Galego

La mejor obra de la historia

De novo sen palabras e co humor como instrumento para chegar a toda a familia, SPASMO móstranos algunhas das obras de arte máis relevantes da historia, os seus autores, datos e curiosidades acerca delas.

Neste percorrido cultural, adentrarémonos polos museos máis significativos do mundo e as súas obras de arte.

Un espectáculo visual e futurista polo seu formato dixital que nos lembra ás aplicacións móbiles destinado aos máis pequenos. Nel combínanse artes escénicas e plásticas cunha gran compoñente didáctica.

Galego

Los Remedios

Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a base de representarse; a eles mesmos, ás persoas que marcaron o seu desenvolvemento, ao contexto social que forxou a súa identidade. Los Remedios é unha viaxe ao que queda no propio corpo: os xestos, os tons, as posturas. É unha autoficción autodestructiva feita por dúas persoas desenraízadas que removen a terra buscando algo ao que agarrarse.

Galego

O Rapto da Befana

A compañía Olivas Negras presenta unha comedia familiar de misterio con música en directo, acrobacia e loita escénica. Colombina está farta de traballar de sol a sol e pasar fame, así que lle pide axuda a Arlequín para raptar a bruxa Befana e ter asegurada deste xeito unha boa dose de larpeiradas. Ademais, pedirán cartos polo rescate, o que convence ao avaro Pantalone, que se suma á empresa, pero Pulcinella escoita o plan e xunto co Capitano comezan á súa vez unha busca da Befana para aproveitarse da situación.

Galego

Festina Lente

Festina Lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente.  Nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións, preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

Galego

La niña de las trenzas al revés

Thana e Deva viven lonxe unha da outra: Thana vive en Mali, máis aló do deserto do Sahara. Deva vive en Asturias, moi preto do mar; pero non son moi diferentes, ata teñen a mesma idade. Unha noite a lúa, como un espello máxico, permítelles coñecerse e falar...

Un espectáculo sobre a curiosidade e a imaxinación, sobre comunicarse para comprender outras formas de ver a vida: por moi diferentes que nos poidan parecer outros pobos, outras persoas, o que nos achega sempre é máis forte que o que nos distancia; só temos que deixarnos levar pola curiosidade e non polos prexuízos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios