Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

KALDI

Un trapecio, unha mesa, unha cadeira e moito café, sobre todo, moito café.

Unha jovén trapecista fala a través de acrobacias aéreas e movemento da súa visión sobre o café, símbolo da rutina diaria na que estamos atrapados, repetindo o mesmo patrón unha e outra vez. 

Como podemos escapar desta rutina? 

Galego

Elas pintan moito

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Galego

El soldadito de plomo

El Soldadito de Plomo non é un conto convencional. É unha parábola da vida levada ao mundo candoroso e infantil dos xoguetes. Por iso o seu protagonista, un soldadito cunha soa perna, non só está dotado do carácter e o temperamento que ten que ter un soldado; posúe ademais un corazón tenro e excesivamente romántico, que lle confire en cada pulsación, o valor suficiente para enfrontar as adversidades do destino. Como bo soldado e insigne cabaleiro, nunca se lamentará das súas desventuras e enfrontará os perigos co ímpeto e a fortaleza dun nobre guerreiro.

Galego

El hijo

El hijo, fala do vínculo cos proxenitores e un lugar, e o que se fai con el. En definitiva como se conforma e desenvolve un vástago. Dalgunha forma falar diso, é poñer primeiro a fragmentación dese principio de unión, entenderse como individuo que se desata, pero ligado moi profundamente a unha repetición de formas e feitos. Algo que se pode explicar só de forma parcial, porque á fin e ao cabo, o individuo sempre leva consigo a reinterpretación desa historia.

Galego

Cantando con Pinocho

Cantando con Pinocho, é un proxecto no que A Fada de Cabelos Turquesa e Pepino, contarán o conto que enlazarán cantando en directo con acordeón e piano as cancións inéditas compostas para a obra teatral de Pinocho.
As cancións tratan os temas da liberdade, a amizade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de sensibilidade.

Galego

Coliño

Coliño

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia, pensada por e para as familias.

COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.

O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura...cargado de seguridade e amor.

COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.

Galego

C@nto contigo

C@.nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Galego

Arte sen guión

A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século.

Galego

A música non amansa ás bestas

A música non amansa ás bestas permítenos acompañar a procura creativa, dun compositor, obsesionado coa música. Movido pola súa obsesión, fai un  experimento social, baseado na famosa frase: “A música amansa ás bestas”, pertencente ao personaxe mitolóxico de Orfeo. Desta personaxe, se dicía que posuía un canto e unha forma de tocar a lira, que podía amansar ás bestas máis salvaxes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios