Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Nais

Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera do xinecólogo. Elena é tradicional e non concibe a maternidade sen a existencia dun pai. Carla, pola contra, é unha executiva á que lle preocupa máis a súa carreira profesional. Entre elas saltan chispas pero o karma é caprichoso e non será, nin moito menos, a última vez que se atopen. A vida poñeraas cara a cara en diferentes etapas da súa vida. Conseguirán estes encontros achegar as súas posturas?

Galego

Iphixenia na porta do súper

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Galego

Bionic

Bionic é unha peza en formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Un encontro próximo onde o biolóxico e o artificial comparten territorio, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente  paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.

Galego

A Nai

A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. 

Galego

MOSCA

MOSCA é un xogo de nenos, algo que pode convertirse nun pesadelo. A obra narra a história de Pedro, un neno de dez anos que sufre acoso escolar.

Pedro vese reflectivo nos ollos de sua nai, de seu pai, e da sua maestra en calquera instante da peza.

Galego

O refuxiado

Un político ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do político, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral. Unha balsa ou unha soga.

Galego

A barca do inferno

Estimado ser humano:

Estamos no alén-mundo.

Énos moi grato dirixirnos a vostede por instruccións das deidades mariñas para extenderlle unha formal invitación a participar como xurado civil neste xuízo final ós habitantes da auga.

Os defuntos acusados comparecerán por delitos acuáticos derivados de alteracións do orden oceánico, durante a súa estancia en vida.

Delitos como beber petróleo, ser tentados e comer plástico ou ser perguizosos e deixarse pescar e mutilar sen resistirse o máis mínimo.

Galego

Coser e contar

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Neste espectáculo atoparemos narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla.

Galego

Soul Teller

Dende Londres, o seu lugar de residencia habitual, Miguel Angel Julián ou o que é o mesmo Soul Teller (narrador de historias da alma) embárcase na súa xira co seu proxecto acústico, onde o feeling, a diversión e a interacción co público están garantizadas.

Galego

Patriotas

A presidenta dun Partido ultra-nacional, occidental, homófobo e ascendente, Nicole Wallace, ten que defenestrar politicamente á súa amiga Janet Müller, ideóloga e vicepresidenta, para branquear a súa formación e aspirar ao poder. A filla de Janet, bisexual e ferozmente crítica coa súa nai, comeza unha relación peculiar con Iván, o fillo de Nicole. Ambas as historias, entrelazadas ao longo dun ano de eleccións locais, rexionais, europeas e xerais, levarán ao Partido Nacional ata o máis alto. Xusto ao bordo dun inmenso precipicio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios