Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Xabón Lagarta

Malia os difíciles tempos para a música por mor da pandemia, A banda da Loba seguiu a ser unha das bandas que máis tocaron en Galicia nos dous últimos anos. Por esta razón, este ano presentan novo disco e novo espectáculo: "Xabón Lagarta", inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida.

Galego

Xisco Feijoo e banda "Peixe"

Transportarémosvos ás foliadas, seráns e polavilas que, dende tempos inmemoriais ata hoxe, enchen as almas dos asistentes termando rebulir os pés dos máis inquedos e adonairando os sons nos ouvidos daqueloutros máis moderados.

Peixe é un relatorio onde se reivindica como necesarias todas aquelas características personais que son únicas, exclusivas e intrínsecas a cada ún de nós como verdadeiro nexo de unión e comprensión nas nosas relacións sociais,.

Galego

Si esto es un hombre

En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir Se isto é un home, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.

En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.

Galego

Relato para un incendio

Unha dramaturxía que parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: Os estudos antropolóxicos Gustav Hennigsen en Argemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.

Galego

Ragazzo

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns...Detencións, identificacións, rexistros, 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor.

Galego

Pequeno Cabarét Infantil

Autor: Nelson Quinteiro Roia

 

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis creciditos transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.

Galego

Papaguena

Papaguena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro que aparecen na célebre ópera A frauta máxica de Wolfgang Amadeus Mozart.

Galego

Outrora Nós

A xeración  Z, unha mocidade moitas veces silenciada e que con todo está fortemente implicada na loita social de todos os colectivos que sofren violencia na nosa realidade. Creando un teatro que busca o íntimo, que conecta a todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo.

Galego

Old Time Bakery

“Old Time Bakery” é unha das propostas máis populares do mago catalán Mag Edgard, un show puramente visual con efectos de maxia de todo tipo, destacando os seus números de grandes ilusións. Mag Edgard é campeón nacional de maxia e gañador do programa “Pura Magia” de TVE. Os seus orixinales espectáculos leváronno a actuar por teatros de toda Europa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios