Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

Patapatúm 

 Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

Galego

Sesión continua

Elenco: Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome

SESIÓN CONTINUA é unha homenaxe ao mundo do celuloide. Un paseo por películas como:2001 Unha odisea no espazo, O Resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto Básico ou Psicose entre outras. Un espectáculo de humor onde o deseño lumínico e o traballo actoral son os pilares dunha aposta novidosa e singular.

Galego

Invisibles

Elenco: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez

Un lugar indeterminado. Tres mulleres. Sete testemuños reais. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles.

Galego

Gran gala de circo de Pistacatro

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Galego

The Piccole Theatre

Un pequeno teatro viaxa arredor do mundo dentro dunha caixiña de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como  non, os dous grandes paiasos Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas liarán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista participando activamente durante todo o show. Un espectáculo moi divertido e participativo para tódolos públicos.

Galego

Novos Feitizos e Novas ilusións

Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes: ¿Como facer maxia nunha mudanza?, a verdade oculta do Principio de Acción e Reacción, o poder máxico da lectura, que haberá despois de "Luar",... son só algunhas das moitas aparicións de ilusións e humor deste espectáculo, con comicidade, fondo musical e participación do público....e as manipulacións de cartas, cordas, mentalismo etc., nun espectáculo que pretende concienciar ó público á devolución das esculturas a súa lugar de orixe, as rotondas e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios