Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O Candil

A “Escola Galega de Teatro Musical”, centra a atención no teatro musical, para facer máis produtiva a industria cultural galega. Analizando o éxito actual do teatro musical en España, preferido por máis dun cuarto do público (porcentaxe en alza), crea “O Candil”, un musical 100% galego. 

Galego

Azul y la revolución de los colores

As formigas ven en branco e negro. Por iso, para as súas compañeiras, Azul é outra formiga negra. Para ela mesma tamén. Con todo, Azul sente que hai algo máis alá, e un día motivada pola súa necesidade de saber, descobre que fóra do seu formigueiro existe un mundo cheo de cores. Azul tentará que o resto das formigas saiban do seu fantástico descubrimento, pero a Raíña non llo vai a poñer nada fácil porque, que faría unha formiga se descubrise que hai algo máis que o traballo e as estritas normas do formigueiro?.

Galego

Viaje al centro del cuerpo humano

 

E se fósemos tan pequenos como para meternos dentro dunha persoa e vivir unha incrible aventura, mentres aprendemos?

Benvidos a unha extraordinaria viaxe a través do noso corpo. Unha máquina perfecta, unha obra mestra na que nos mergullaremos para coñecer como funciona o seu incrible circuíto interior, polo que flúe a vida.

Elenco: Isaac Tapia, Álvaro Sánchez, Vicente Martín e José Gabriel Sánchez

 

Galego

Carabela

Carabela, cociñeira dun barco, naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de peixes mutantes que lle advirten que son tóxicos, de paxaros que non paran de queixarse por ter comido substancias sintéticas e de verteduras que non alimentan. Para aliviar a tristeza, Carabela constrúe unha nena de plástico á que lle conta historias de como é o mundo fóra da Illa Pequena.

Galego

O Electo

Nun hipotético tempo, nunha suposta situación, por un deses azares da aritmética parlamentaria e das conxunturas políticas... un candidato a Presidente da Xunta conseguiu o seu propósito, a grande meta da súa vida.  O día da toma de posesión, a piques de dar o discurso de investidura, aparece un atranco inesperado: un estraño e choqueiro tic nervioso ameaza con ridiculizar, ou mesmo arruinar, tan solemne e esperado momento.  Alarmado, reclama asistencia médica.

Galego

Té con Kant

Interpretación: Marta Pérez e María Roja.

Té con Kant é un un espectáculo experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Galego

Leira

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo.

Galego

Concerto con Fusión

Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe, Concerto Con Fusión.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios