Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Curva España

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral, como foi o caso de Eroski Paraíso. Esta nova obra é un paso máis para afondar en mecanismos narrativos que xogan coa ficción e a realidade, fusionando elementos propios do xénero documental e da ficción policial.

Galego

Luces de Bohemia

A Compañía Teatro Clásico de Sevilla volve de novo con Luces de Bohemia a producir e poñer en escena pezas clásicas de gran valor artístico e literario.  Unha obra de Ramón Valle Inclán que orixinou un novo xénero xornalístico e literario, o esperpento.

Galego

Crónicas do Paraíso

Elenco: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

 

"…, e porque vexo nos vosos ollos, señor Sochantre, tanta sorpresa como medo, quero asegurarvos de que toda esta compañía, aínda que sexa de  réprobos, pantasmas, aforcados e sombras, é un batallón de xente pacífica.”

Galego

Perfusión

PERFUSIÓN: unha mistura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e a danza africana. Un espectáculo visual e sonoro, no que as vibrantes percusións, as dulces melodías e as fermosas danzas de ambas culturas, son fusionadas de xeito orgánico para facer desfrutar a todo tipo de públicos. Estas 3 mulleres e 4 homes galegos/as demostran, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta potente para promover a solidariedade e a empatía entre os pobos do mundo.

Galego

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

Sinopse: A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un feixe de historias por descubrir.

Elenco: Juan Rodríguez

 

Galego

#Camiños

Despois de Voaxa e Carmín e Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, embárcase na súa terceira produción: #camiños. Con esta peza, ButacaZero pecha unha triloxía sobre a memoria: histórica na primeira peza, individual na segunda e nesta última, #camiños, sobre a memoria dun pobo.

Galego

Concerto de Best Boy

Best boy  é o resultado de anos de acumulación de experiencias e vivencias: desde proxectos musicais case improvisados acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs de moda ; sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.
 
Influencias ? pois  todas : desde o blue grass ao funk máis clásico , desde o soul da motown ata o rock sureño, o pop, o jazz 
 

Galego

A carreta pantasma

A carreta pantasma é un espectáculo singular no que se afonda nos límites entre a narración oral e o teatro. É, por tanto, un exercicio de sinxeleza ao levar á
 escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

Galego

Mai Mai

Mai Mai é  a historia do último  Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo  quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios