Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Circo galaico

Manipulador: Borja Insua

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono, onde os acróbatas e malabaristas serán animais da fauna galega coma o xabarín, o lobo ou a pita do monte.

Galego

Oh Olimpiadas!

Proposta fresca e divertida na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara. A cotidianidade narrada coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construir un mundo absurdo e disparatado. O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE.

Galego

Queres que cho conte?

Por primeira vez en moito tempo os avós deciden ir pasar o Nadal á cidade e compartir uns días cos seus netos. Pero ao chegar atópanse cunha familia moi ocupada... Entre o traballo, as clases e as actividades extraescolares, os avós case non atopan ocasión para facer o que máis lles gusta: contar contos á súa familia. A través deste fío argumental, descubrimos oito contos da nosa tradición oral recollidos pola provincia de Lugo e protagonizados por animais, algunha que outra persoa e elementos como o vento, a auga e o lume.

Galego

Un belo día

Un belo día é un proxecto de vida construído por Doce Duca e Iris. Vida en forma de espectáculo. Doce Duca incorpora o malabar, a manipulación e os equilibrios de mazas cunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións nunha peza que integra e intriga ao público de todas as idades.

Un belo día nace das entrañas e conecta co espectador de maneira primordial, pura e simple. Tras tres anos de traballo chegou o momento de liberalo nas rúas, os teatros, as prazas públicas, as salas e os xardíns. 

Galego

Circopeta

O entrañable  Ruliño (personaxe dá obra de Neira Vilas) móstranos ou mundo do  circo rural, na compañía dous intrépidos percusionistas de Odaiko. Un espectáculo que traslada ao público a outros tempos nos que ou rural galego víase impregnado pola maxia do  circo de cando en vez. Ou clown e vos gags  teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.

Galego

Contos ao pé da cama

Elenco: Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado.

Nun soño intranquilo polo exceso de tarta e os remorsos, o pequeno Nemo descobre que ao seu redor medra o lixo qwue conquista mares, terras e estrelas. Soños cheos de humor, de perigos, de sobresaltos, de monstros e de Aventura!

Espectáculo dirixido aos máis pequenos, combina distintas técnicas de manipulación (Varas, fíos, sombras e luva), Incídese no problema dos residuos e a necesidade de reciclar.

Galego

O meu mundo non é deste reino

Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos.

Galego

Memorias dun ser humano disperso

"Memorias dun ser humano disperso",  de Diego Freire é un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devecece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano no que todo será diferente.  Existirá tal paraíso?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios