Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Un show a cobro revertido

NIÑAS DE LA RISA. UN SHOW A COBRO REVERTIDO. Unha chamada a cobro revertido, a priori, non pinta ben. Nadie te chama a cobro revertido para darche unha boa nova! O máis probable é que esa chamada se faga dende a comisaría. Pero o que é seguro, é que che contarán algo que recordarás toda a túa vida! E se Triana e Sieira son as que chaman tés risa asegurada. NIÑAS DE LA RISA é o dúo cómico formado por Ángela Triana e Diana Sieira. DIANA SIEIRA é unha todoterreno que pasou polo teatro, o canto ou o cabaret. É actriz e productora dende 2005.

Galego

As aventuras de Quebrantanoces

O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentres se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. Sinopse: O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches.

Galego

A lingua na boca

A Lingua na boca, letras riscos e pensamentos de CASTELAO é unha rompedora comedia musical sobre a figura do polifacético Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Un espectáculo áxil e divertido sobre o home, sobre o debuxante, sobre o médico, sobre o político, sobre o escritor. Un espectáculo sobre Galicia e a súa lingua a través dunha achega contemporánea á obra de Castelao. 

Galego

Os Romeiros do caracol

San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas. Na súa monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia Fraguas dedica o capítulo máis extenso a describir, con pormenor, a peregrinación a Santo Andrés de Teixido: os ritos, as cancións, as lendas e o santuario.

Galego

O Electo

Nun hipotético tempo, nunha suposta situación, por un deses azares da aritmética parlamentaria e das conxunturas políticas... un candidato a Presidente da Xunta conseguiu o seu propósito, a grande meta da súa vida.  O día da toma de posesión, a piques de dar o discurso de investidura, aparece un atranco inesperado: un estraño e choqueiro tic nervioso ameaza con ridiculizar, ou mesmo arruinar, tan solemne e esperado momento.  Alarmado, reclama asistencia médica.

Galego

La Strada

‘La Strada’ conta a historia de tres personaxes que se atopan no camiño durante a  postguerra. Tres personaxes atrapados nunha vida á que están condenados polo seu propio carácter a un destino tráxico que resulta inevitable. A través de tres personaxes case sen artificio, ‘Lastrada’ fala de todos nós, da nosa dificultade para cambiar, para loitar contra as ideas preestablecidas que moldean o noso pensamento  deforma invisible, da nosa cegueira para romper as cadeas que nos impiden saír da caverna e coñecer...para ser máis libres.

Galego

No hay papel

NO HAY PAPEL, é unha historia de vida. Unha historia de dúas mulleres, dúas irmás, dous xornalistas, dúas actrices en realidade que plasman as súas vivencias e as da sociedade na que viven, no escenario.
NO HAY PAPEL foi seleccionada para participar na  XXV Mostra de Autores Españois contemporáneos, o festival de máis prestixio de teatro de texto en  nuesro país. Representarase o 4 de novembro no Teatro  Arniches de Alicante.

Galego

Ñam

Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A mín encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado!

Facer unha receta e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. ¿Como saberán esas novas galletas?

Galego

Todas hieren y una mata

O galán don Daniel e o seu criado Pico, perseguidos polo corrixidor tras fuxir da casa da moza Aurora, atopan no bosque a unha bruxa que lles salva cos seus feitizos para viaxar polo tempo. Ao longo das súas viaxes temporais tentarán namorar a Aurora, que garda un secreto: é unha dama lectora cunha biblioteca enterrada no seu xardín. E errando o seu camiño máxico, criado e cabaleiro chegarán ao século  XXI, onde unha misteriosa profesora axudaralles na súa aventura amorosa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios