Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Golulá

Elenco: Raquel  Queizás / María Roja / Chisco Casteleiro / Marcos Correa / Ivan Oubiña / Suso Fernández.

Obra multipremiada a nivel nacional e emblemática do selo característico de Galitoon, caracterizado por unha plasticidade televisiva e cinematográfica propia da escola norteamericana de Jim Henson.

Premio ao Mellor espectáculo Infantil na 10ª Feria de Teatro de Castilla y León / Espectáculo mellor valorado na 9ª edición Domingos do Principal (Pontevedra) / Premio ao mellor espectáculo Innovador na 24ª MIT de Ribadavia.

Galego

Furia Necesaria

Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar.

Galego

El Inolvidable Viaje de Nana

Nana está preñada e pouco a pouco decátase de como o seu corpo comeza a cambiar para xa nunca máis volver a ser un, senon dous. Nana ten a sensación de ter subido a un globo aerostático e camiñar polo aire durante nove meses. E máis. O seu bebé nacerá, farase neno, xoven, adulto e pai.
A inesquecible viaxe de Nana, unha viaxe en globo que sobrevoa o terreo insondable do ciclo da vida.

Interpretación: Alicia Trueba

Galego

Divina

O monólogo máis humano dunha muller case DIVINA

A actriz Ledicia Sola analiza as situacións cotiás da vida dende o seu propio punto de vista, ou mellor dito, " de lista". Conto o humor, ironía e estupidez que certas reflexións nos deixan no mundo absurdo no que vivimos.

"Entre facerse a tonta e pasarse de lista, non hai término medio, e sen embargo ahí pasamos a metade da vida... polo menos as mulleres"

Galego

Daimon y la jodida lógica

O destino, a voz da conciencia, a intuición, o chimpo creativo.

Anxo ou demo, ol susurro da voz interior que detén ou empurra.

Significado que podemos interpretar pero non comprender

Ialma, animal interior: profundo, fatal, opaco

Presencia oculta, imprevisible, que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente.

Ás veces escondido e ás veces dous pasos por diante.

Ocúpanos, acompáñanos, céganos, impúlsanos.

Entra, aínda que pechemos a porta.

 

Galego

Crunch!

Elenco: Óscar Paez e Dani Blanco.

Onde están cando se lles necesita?

É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.

Galego

Cousas de catro

Músicos: Juan Collazo, Antonio Ocampo, José Varela e Sergio Sande.

 

Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e o xogo co efecto sorpresa son a base deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.

Galego

Cinema e música

Olga Brañas (piano) e Susanna Blanco (violoncello) musicalizan películas en directo.

No catálogo temos Tempos Modernos de Charles Chaplin (1936) e Nosferatu de F.W. Murnau (1922). 

As musicalizacións son de todo tipo, dende pezas clásicas ata infantís, pasando por pezas galegas ou ragtimes. 

Gusta tanto a maiores como a pequenas e pequenos. 

Galego

Catro

Elenco: Laura Sarasola

Catro é a nova proposta de Caramuxo teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas... co descobrer a través da danza como linguaxe e canle de coñecemento.

Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar.

Catro é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios