Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Elenco artístico: Celtia Figueiras (actriz e titiriteira), Luis Vallecillo (Títiriteiro e músico) e Pablo Pérez  (músico e efectos)

Sinopse:

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Galego

Ula Lúa?

Ula Lúa? é un espectáculo dirixido a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto oua solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo ondea violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. Cando logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.

Galego

O empapelado amarelo

Elenco: Melania Cruz

O EMPAPELADO AMARELO É...

- Unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.

- Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.

Galego

A Gramola Gominola- Bravas o Rexurdir da luz

Premio Martín Codax da música 2018 a mellor grupo infantil

A gramola Gominola é un grupo de música rock para o público familiar, que presenta o novo libro/cd editado por Galaxia, na súa colección sonárbore  Bravas. o rexurdir da luz.

No novo disco o grupo sigue apostando polo rock e se posiciona como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. grandes temas que a partir de agora poderedes escoitar nas voces dos vosos fillos, como xa fixeran con a fábrica de carmela, pita récords, e moitos máis.

Galego

A Cova das Letras

Mari Gésta, é un personaxe inspirado en Mary Poppins. AS súas estravagancias fan rir ás crianzas, mais tamén ás maiores. Vive no monte, adora os toxos e as xestas e posúe unha maxia especial que a leva a sacar cousas máxicas da súa sacola. Un espectáculo a medio camiño entre o musical e o contacontos, tinguido de seres marabillosos que acompaña a esta peculiar muller.

Galego

Despois das ondas

Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado.

Galego

Technologies

Technologies é o novo monólogo cómico de Pedro Brandariz, no que se confesa como un “rara avis” neste mundo tecnolóxico. Dende un punto de vista totalmente humorístico Brandariz fala de cómo lle costa un mundo adaptarse ás novas tecnoloxías e o “rápido” que se cambian por outras.

Galego

Calor

CALOR inspírase na situación que viven moitas persoas carentes de fogar, viaxeiros involuntarios que se viron forzados a deixar as súas casas, obrigados a marcharse precipitadamente dos seus fogares. Nómades do noso tempo que atravesan o mundo buscando un lugar, tenteando a cegas sociedades e culturas, cidades e pobos estranxeiros...Andantes sen tempo que viaxan coa determinación e a esperanza de atopar un novo fogar.

Galego

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios