Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Contacontos musicais

Elenco:

Alma Cendán
Loreto Pérez

A narración oral, na que a música está moi presente, acompáñase de rimas, cantos e soportes visuais para que os nenos participen da maxia dos contos. Os contos son orixinas, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán.

O grupo Musicreques naceu para fomentar a cultura musical, promover a música clásica entre os más pequenos e achegar a música aos centros educativos.

Galego

O empapelado amarelo

Elenco: Melania Cruz

O EMPAPELADO AMARELO É...

- Unha posta en valor do papel das mulleres como creadoras ao longo da historia, invisibilizadas por un sistema que condena á metade da humanidade ao esquecemento.

- Unha experiencia teatral que afonda na crise actual dos modelos de relacións amorosas baseadas nunha serie de valores que debemos poñer en cuestión.

Galego

O Murmurio do mar

Elenco: Luis Vallecillo e Celtia Figueiras

O mar, no seu infinito murmurio trae consigo sons,lendas e tamén cancións.

Dende tempos inmemoriais o mar,   ademais de ser unha inesgotable fonte de inspiración para debuxantes, músicos e poetas, agocha historias e aventuras de sereas, piratas e vellos mariñeiros.

A través dos contos e da música, utilizando  monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación sumerxerémonos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras. 

Galego

Os limpa limpa

Elenco: Manuel Solla, Abel Abelleira, Carlos Cerviño e Santiago Daroza

Xogos, música, baile, creatividade, alegría... Estes son os elementos que configuran Os limpa limpa

O universo da imaxinación inocente exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo,  aínda que sexa nun traballo como o de limpar.

 

 

Galego

Cinco minutos sin respirar

Sinopse: Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e nas dualidades propias do mundo de hoxe.

Galego

Papar sen cancelas

Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet do mellor humor galego.

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei son tres linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas e, como os mellores menús, linguas para todos os gustos!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios