Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

La sala de Catapumchimpum

Elenco: Erica González

Esta obra, do mesmo xeito que a súa primeira parte: La fábrica de cuentos I- El laboratorio créanse coa intención de achegar aos nenos ao mundo dos contos á vez que lles tento afastar do mundo da tecnoloxía. 

Os nenos cada vez len menos , porque dedican todo o seu tempo a outras tarefas, sen pararse a pensar que as fábricas de contos seguen abertas, e que cada día sae un novo conto. 

 

Eles terán que ser partícipes deste oficio no momento que descubrimos que os meus axudantes fóronse de vacacións.

 

Galego

Macbeth. O ruído e a furia

 A gran traxedia celta de William Shakespeare protagonizada polos actores Xoan Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo. 

Unha viaxe á chaira escocesa, nebulenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e morte. Feiticeiras con retranca e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volve xamais.

Volten os tempos escuros. Volten os tempos de Macbeth.. 

Galego

Maxia pola igualdade

ILUSIONISTA: Fani Triana

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.

Coma para todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.

A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

Galego

Mestre Vide. Obra para piano e canto

Para homenaxear ao Mestre Vide no seu 125 aniversario de nacemento, en 2018 a pianista Noemí Salomón e soprano Anaís Fernández gravaron un dobre CD coa súa obra completa para piano e piano-canto lírico.

Neste espectáculo interpretan unha selección das obras máis importantes e característcas do compositor ourensán incluídas no seu traballo discográfico.

Galego

Nani García Trío

Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos ano 80 conseguiu renovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis alá dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pezas como na execución instrumental. 

Galego

Nube nube sol

Elenco: Sofía Espiñeira e Roberto Casal

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Baixo o amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios