Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Madeleyne Peyroux

Unha cantante atemporal e unha personalidade enigmática. É unha das mellores vocalistas xurdidas na escena do jazz nas dúas últimas décadas.

O talento e o potencial da Peyroux é indiscutible, escoitala en directo, un privilexio. É xa una das grandes estrelas do jazz contemporáneo.

Galego

Gilad Hekselman Trio

Riquela Club acolle o concerto do prestixioso trío de jazz Gilad Hekselman Trío nunha nova e especial colaboración de Deleite ao vivo coa programación de jazz deste club.

GILAD HEKSELMAN guitarra
RICK ROSATO contrabaixo
JONATHAN PINSON batería

Galego

Sea ahead

Sea ahead, segundo traballo do contrabaixista compostelán, nesta ocasión en formato de septeto. As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun "ensemble" de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal.
 
Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panorama jazzístico galego:
 
Pablo Castaño: saxos alto, soprano
Xosé Miguélez: saxo tenor, frauta
Rubén Salvador: trompeta, fliscorno
Bruno Valle: trombón
Iago Mouriño: piano

Galego

Javier Marcos Trío

Javier Marcos é unha das escasísimas voces masculinas do jazz galego actual. De estilo moi persoal, son clásico, entre swing e cool, e caráter intimista.
Desde 2012 lidera o seu propio trío con Felipe Villar á guitarra e José Manuel Díaz ao contrabaixo.

TEN DEZ (Free Code, 2015) é o seu primeiro traballo, en formación de quinteto.

Máis información, aquí.

Galego

Ábade Rabade Trío

Once é o novo traballo do pianista Abe Rábade, editado por Nuba+Karonte. Gravado en formato trío xunto a Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso á batería, o álbum destila variedade estilística e viaxa nun triángulo formado polo expresivo, o íntimo e o espontáneo.

Máis información, aquí.

Galego

Voro García

O compositor e gran trompetista Voro García presentará, en formato quinteto, o seu último traballo discográfico 'Roommates'.

Voro García, un dos trompetistas máis brillantes da escena do jazz español, chega a Lugo da man do noveno Ciclo 1906 de Jazz.

O concerto serve para presentar o seu terceiro disco 'Roommates', no que se acompaña de Jorge Rossy  na batería, Leo Genovese no piano, Enrique Oliver no saxo e DJ Foster ao contrabaixo.

Galego

ALA.NI

Presenta o seu álbum 'You & I'.

Jazz e talos de soul, blues e góspel definen a proposta musical de ALA.NI, que se pode escoitar no Museo de Arte Contemporáne Gas Natural Fenosa da Coruña. A intérprete londinense de orixe caribeño, armada únicamente da súa voz, presentará o seu álbum inaugural 'You & I'.

O prezo do concerto é de 5 euros. Entrada na Internet ou na recepción do propio Museo e en Discos Portovello. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz