Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

'Carreira Holi Gaiás 2019'

Chega a Holi Gaiás 2019, unha carreira con música e cor organizada pola Cidade da Cultura de Galicia na que poderán participar escolares e persoas adultas.
A actividade, que se realiza a semellanza dos festivais cos que, en India, Guyana ou Nepal, celebran a estación primaveral, contará con dinamización durante o itinerario e tamén con po multicor que tinguirá aos participantes coas cores do arco da vella. 
+Info
 

Galego

Ciclo de Lied

NOTA. A información facilitada, é a estimada para o ano 2019. 
Ciclo de recitais que se celebra entre setembro e outubro e reúne na cidade aos mellores cantantes de lied xunto ao pianista e mentor do evento, Roger Vignoles. A temática central varía cada ano e da lugar a conferencias especializadas sobre o xénero.
Ciclo organizado en coordinación coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela.
 
 
 
 

Galego

'Ciclo de conferencias: ¿A dónde vas, peregrino?'

A próxima conferencia do ciclo celebrarase o vindeiro martes 14 de maio ás 19:00 no Auditorio do Hostal dos Reis Católicos. Neste caso, o tema a tratar será 'O Calixtino, un compendio de milagres' nunha sesión impartida por D. Ramón López Vázquez, profesor de filosofía e membro do Consello de Administración da Archicofradía Universal do Apóstolo Santiago.
PROGRAMA COMPLETO
MAIO
MARTES 7: 'Santiago de Zebedeo, ayer y hoy'. D. José Fernández Lago
MARTES 14: 'El Calixtino, compendio de milagros. D. Ramón López Vázquez

Galego

VI Carreira Camiño das Letras

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais, colabora con Xurdir S.L. na organización da VI edición da Carreira Camiño das Letras, que se celebra o vindeiro venres 17 de maio.

A proba terá dous circuítos:

Carreira de 15 Km: saída ás 10:00 h. deSde o Pico Sacro polo Camiño do Sueste (Vía da Prata) ata a Cidade da Cultura. 
Carreira de 5 Km: saída ás 10:05 h. da Cidade da Cultura percorrendo o Gaiás e o Bosque de Galicia. Circuíto para nenas e nenos.

Galego

Semana das Letras Galegas 2019

-Sábado 18 de maio ás 12.00 "As lendas de Galicia" baseadas na obra de Antonio Fraguas por Juste Kamishibai Contacontos.
-Sábado 18 de maio ás 12.30 entrega de premios do concurso de banda deseñada B D Vigo e presentacióndo libro Sirenas de Lorena Amkie.
-Entrega de marcapáxinas conmemorativos.
-Exposición biobibliográfica "Memoria de Galicia", do 13 de maio ao 1 de xuño.
-Centro de de interese e exposición "Roseiras e paxariños nas cantigas de un serán", do 13 de maio ao 1 de xuño na sala infantil.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades