Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Outro que tal baila

Nas actuacións de Tiruleque están presentes instrumentos unidos á música tradicional galega, mais empregados ao seu xeito. Reinterpretando en certa maneira a tradición, Tiruleque recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

Galego

A jangada de pedra

Fado Violado, proxecto que mestura dous estilos aparentemente distantes, como son o fado e o flamenco, presenta no Vello Cárcere de Lugo o seu último disco, A jangada de pedra

Ana Pinhal é a voz e Francisco Almeida a guitarra. 

Galego

Ponte Atlántica

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

Galego

Korrontzi

Korrontzi é un grupo de música tradicional vasco formado en 2004 por Agus Barandiarán, trikitilari da banda (o trikitixa é un acordeón diatónico vasco). O seu propósito era dar aos sons tradicionais da música folk do País Vasco un aspecto contemporáneo, acompañado doutros instrumentos máis modernos como guitarra, baixo, contrabaixo eléctrico e percusións.

A banda leva seis álbums publicados ao longo dos seus doce anos nos escenarios. Durante eses anos viaxaron coa súa música por todo o mundo, visitando diferentes países e festivais.

Galego

Rosa Cedrón

Despois dun longo silencio trala publicación de "Entre dous mares", Rosa retorna con "Nada que perder”.

Nel experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmósfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear.

Galego

Gelria

Gelria presenta na Coruña, a súa cidade natal, o seu primeiro disco, Cantos de poeta. O trío galego-catalán, formado por Mario G. Cortizo, Federico Mosquera e Elena Tarrats, fai un percorrido musical pola mellor poesía galega de todos os tempos. Cantos de poeta, publicado en 2016, inclúe textos de Manuel Rivas e Xosé Lois Romero e musica poemas desde Rosalía de Castro ata Chus Pato pasando por Manuel Antonio, Novoneyra ou Cunqueiro.

Galego

Cé Orquestra Pantasma

Cé Orquestra Pantasma dinamiza cos seus xogos e coa súa música esta xornada no dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.

Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si coma A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. 

Galego

Homenaxe a Germán Lago

O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura acolle un acto homenaxe á figura de Germán Lago, fundador e director de diferentes agrupacións musicais de pulso e púa, e que presentou en Madrid en 1929 a Orquesta Ibérica, formación de bandurrias, laúdes e guitarras que contou dende os seus comezos coa favorable atención dos críticos e compositores da Xeración do 27 e numerosos contratos discográficos.

Galego

Coanhadeira

Coanhadeira condensou nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á musica feita en Galicia, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, ateigar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe de Coanhadeira. Por eses camiños, este grupo folk continuará unha traxectoria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da crítica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk