Carlos Casares, un xardín de poesía, contos e relatos
Con motivo da designación de Carlos Casares como autor do Día das Letras Galegas 2017, Xardín Desordenado confeccionou un programa na súa homenaxe, no que se inclúen cancións con diversos textos do autor. O resultado foi o disco “Casares”, que será presentado o vindeiro día 5 de outubro no museo MARCO de Vigo. Coa participación de Gustavo Adolfo Garrido (Fundación Carlos Casares), Isaac Garabatos (Sul Producciones) e concerto de Xardín Desordenado.