Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Son galego, son cubano

O xoven e talentoso músico galego Roi Casal (arpista, compositor, cantante e director) foi premiado en 2014 na Habana co premio internacional Cubadisco. Alí ofreceu un memorable concerto no Palacio Nacional de Bellas Artes. Vencellouse ó mundo galego-cubano, e tomou contacto con institucións culturais e con personalidades da cultura. Camiñou, conversou, observou e quedou namorado da capital habaneira e do xeito de ser daquel pobo, alegre, cordial, solidario. Mantivo contactos moi frutíferos con músicos cubanos e en Cuba presenta un concerto coa estrea destes cantos galego-cubanos.

Galego

Bicos con luvas

Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.

Galego

Budiño

“Paralaia", o primeiro disco de Budiño, cumpre 20 anos. Esta publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk.

Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.

BUDIÑO: voz, gaita, frauta
FRAN SANZ: baixo
CIBRÁN SEIXO: violín
ISAAC... PALACÍN: batería, percusións
SÉRGIO TANNUS: guitarras.
SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
ANTONIO RODRÍGUEZ: trombón, bombardino

Galego

Budiño "Fulgor 2021"

Fulgor, ábrese a un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigamento e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo. Ademais, Fulgor vén armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Galego

SES

A cantautora galega Sés volve gravar e arreglar o disco Admirando a condición (2011).

Este novo CD inclúe un novo tema, en total serán doce temas, entre os que están Tempestades de sal e Non son fada.

Galego

Caxade

Foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.

Máis información de Caxade, aquí

 

Galego

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Logo de un ano de xira e galardóns... mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016), e mesmo manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre continúan por Ourense coa súa xira con The Tambourine Man.

Esta actuación encádrase dentro do Festival Intercéltico do Morrazo 2016.

 

Galego

VI Certame Folc

O sábado 22 de xullo a praza da Quintana encherase da mellor música folk na sexta edición do Certame Folc, organizado por La Voz de Galicia. O evento durará todo o día e contará con actividades como obradoiros para nenos, talleres de baile e concertos.

PROGRAMA COMPLETO

Galego

Ses + Dakidarría + Terbutalina

No novo disco de Sés. Opoñerse á extinción, a compositora e cantante continúa na liña dos dous anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a canterira que hai no seu interior.

 

Esta actuación forma parte do programa musical das Festas das Carrilanas de Esteiro

Galego

Caxade + O Sonoro Maxín

Foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.

Esta actuación musical está dentro da programación do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Máis información de Caxade, aquí

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk