Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Pepe Vaamonde Trío

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Galego

Habelas Hainas

Habelas Hainas é un grupo de música folk, cunha proposta de música de raíz galega con toques feministas e sociais. 

A actuación está englobada dentro da cuarta edición do festival Tradilucus.

Galego

Mercedes Peón

Sen abandonar as raíces da tradición que teñen convertido a Mercedes Peón nunha das artistas internacionais máis carismáticas do eido musical internacional, o seu novo traballo Déixaas incorpora unha faceta inspirada en espazos sonoros con sons a partir de gravacións en estaleiros navais, incorporando o poder evocador do formato poético ou proporcionando o contraste do piano atmosférico. Diferentes universos nun traballo producido con gran minuciosidade e que conta coa participación de Ana Fernández e Mónica de Nut.

Galego

Ao latexo das letras

Ao latexo das letras é a nova proposta musical do gaiteiro e frautista Oscar Ibáñez, que acompañado pola súa banda Tribo e pola poeta Tamara Andrés, homenaxeará a María Victoria Moreno - escritora protagonista do Día das Letras Galegas - unindo música e palabra tanto en Galicia como en Portugal. 

Galego

Lenda Ártabra en concerto

O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural que ten Galiza.

O espectáculo ten unha duración de entre 90 e 120 minutos de duración.

O grupo folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible polo tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras que lle imprime aos directos de Lenda Ártabra un carácter tradicional.

A maior parte dos temas que o grupo interpreta están compostos por eles mesmos tanto de música como de letra. Tamén recollen poemas de autores galegos e lles poñen música.

Galego

Rosa Cedrón

Despois dun longo silencio trala publicación de Entre dous mares, Rosa retorna con Nada que perder. Nel experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmósfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear

Actuación dentro do ciclo de programación Cultura no Camiño.

Galego

Bicos con luvas

Coanhadeira regresa cun novo disco: entraron no estudio de gravación onde gardaron nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luvas pretende sumarse en positivo á música feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar; ateigar do poder da percusión, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto ata hoxe de Coanhadeira.

Galego

BellónMaceiras

Chega o novo disco do dúo galego.

Neste traballo, que celebra o seu 10 aniversario como dúo, a fusión segue caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodéanse dun grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha singular mestura con músicos de Gales (o violinista Oliver Wilson-Dickson), Rusia (a organista María Moiseeva) e Galicia (o guitarrista Juan Cabe, o batería Miguel Lamas, o contrabaixista Juan Tinaquero, o trompetista Rafael Carracedo e a zanfonista María López).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk