Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Xestreu

Xestreu nace no ano 2001 coa intención de traballar no eido da recuperación das vellas cantigas de raigame popular.
Levan a cabo un traballo de recollida de cantares e romances de tradición oral, interpretan ademáis outras pezas recollidas por grupos de outras nacionalidades, co afán de abranguer co seu repertorio un amplio abano de ritmos do mundo, sempre dentro da música tradicional.
Este grupo de mulleres fan un percorrido, coas súas voces, polos ritmos tradicionais, mergullándose nos cantos dos pobos.

Galego

Concerto de Chiquetete

O traballo e a emoción que hai detrás deste traballo reflíctense no escenario no que, tras un breve audiovisual sobre a vida de Chiquetete, faise un repaso polos seus grandes éxitos ademais de presentar temas inéditos, interpretados por el e polos seus fillos.
Un espectáculo cunha duración de 90 minutos. Chiquetete considerado unha das grandes figuras do flamenco no noso país tamén dará algunha proba diso.

Galego

Davide Salvado

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

Galego

Concerto de Los duques de Monterrey

Indy Tumbita e Linda Lamarr (Thee Tumbitas, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Heroínas, etc) son agora Los Duques de Monterrey, a conexión entre as terras galegas e mexicanas en formato narcocorrido.
Los Duques de Monterrey que, atraídos pola etnia común e polo aire suave daquelas terras, deciden resolver a homenaxe ao mexicano en todas as súas vertentes. Así xorde o seu primeiro traballo no que conflúen o seu gusto polo corrido fuxido, o tex mex, o country, e a música de bandas sonoras, así como os textos de Rosalía de Castro e Juan Rufo.

Galego

Concerto de Fiandola

Fiandola é un grupo compostelán creado no 1996 de música con raíz tradicional. Sendo tamén importante o son tradicional nas pezas de composición que inclúen no seu repertorio.
O grupo está composto por Pili Gonçalves, Antonio Suárez, Santi Budiño, Manolo Cobas, Marcos Saburido, Warren (Alberto Barreiro) e Fran López.

Presentan Volta e media, terceiro traballo discográfico. Este disco é froito dun longo traballo arredor da música tradicional en busca dun novo son máis fresco. Conta con 10 temas tradicionais e de composición.

Galego

Concerto de Kepa Junkera

Compositor, produtor e músico Kepa Junkera nace en Bilbao en 1965 e vive a súa infancia e mocidade no barrio de Rekalde.
Na súa discografía atopamos un primeiro disco chamado, Kepa, Zabaleta eta Motriku (1987), onde empeza a albiscarse a gran transformación que levará a cabo tanto na maneira de interpretar como de compoñer na trikitixa.

Galego

Concerto de Sanjurjo & Dopico

Martín Sanjurjo Sixto de San Sadurniño membro fundador dos grupos, Saraibas e Balakandra.
Manuel Dopico Orjales, arousán, membro fundador do grupo Leixaprén e compoñente dos grupos Maria Manuela, A Roda e Balakandra.

Co seu espectáculo "Cantares de opinión" fan un percorrido polos cantares dos grupos Saraibas e Balakandra sen esquecer outros que forman parte da historia da canción galega,e que seguen a ser precisos.

Galego

Concerto da Banda das Crechas

A Banda das Crechas é un grupo estable formado no bar A Casa das Crechas de Santiago de Compostela. No ano 2010 editaron o seu primeiro álbum, ABDC. A banda está formada por músicos que costuman xuntarse para tocar todos os mércores dos meses do curso escolar para interpretaren cancións e melodías tradicionais galegas e do resto do mundo. O seu repertorio, así como a duración dos concertos, vai en función da resposta do público.

Galego

Concerto de Barahunda

Desde 1998, Barahúnda evolucionou sempre ao redor da voz do seu líder, a cantante e investigadora Helena de Alfonso, xunto ao compositor José Lara Gruñeiro. Todo este tempo esforzouse en facer chegar ao público as sensacións contidas en letras e melodías que, incluso remontándose ao século XI, falan de emocións comúns a todos os seres humanos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk