Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Terra Morena

Banda composta por Xico Paradelo (voz e bombo); Bernardo Marques (voz, guitarra, acordeón, harmónica) e Heitor Real (voz, guitarra eléctrica, baixo electro-acústico).

Banda formada no 1997 e que ofertan actuacións baseadas na obra do artista portugués Zeca Afonso.

Galego

Concerto de Samarúas

Samarúas é un grupo novo, os seus membros teñen entre 18 e 24 anos, pero que arrincou con forza no panorama da música folk. Eles mesmos definen a súa música como algo diferente. Combinan temas propios cos tradicionais, nun folk fresco con personalidade propia, interpretado con gaita, percusión, acordeón, violín e guitarra.

Galego

Vaamonde, Lamas e Romero en concerto

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

 

Galego

Vaamonde, Lamas e Romero

O trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives. 

 

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto, que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor.

 

Galego

Fado Violado

Fado Violado é un proxecto musical portugués que cruza flamenco e fado. Parten da tradición viaxando pola Península Ibérica recreando o Fado engadíndolle a densidade do Flamenco, mais sen nunca pensarse lonxe da branca, máxica, viaxeira e máis melancólica Lisboa.

Os Fado Violado nacen das mans de Ana Pinhal e Francisco Almeida o ano de 2008.

Galego

Vendima tarda

Presentación do seu novo traballo discográfico “Vendima tarda”
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.
Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Galego

Método Cardiofónico

O zanfonista Germán Díaz presenta no Método cardiofónico un espectáculo musical baseado nos ritmos dos latexos do corazón a partir dos cales crea un universo sonoro único con instrumentos mecánicos.

Unha nova e reveladora reinterpretación da zanfona cunha visión didáctica e de difusión deste instrumento.

Confirmación da programación: Museo de Pontevedra.

 

Galego

Talabarte

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha , o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García . Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes.

O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk