Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Milo Ke Mandarini

O dúo Milo Ke Mandarini, integrado por Isabel Martín como voz e percusión, e Carlos Ramírez, que se encarga de tocar instrumentos de corda tradicional no Mediterráneo oriental, onde teñen investigado as músicas destes lugares, así como as tradicións modais cos grandes mestres internacionalmente recoñecidos. Teñen feito música envolta en raíces sefardíes, ibéricas ou ritmos balcánicos, mesmo con melismas otomanos.

Galego

Davide Salvado e Miguel Hiroshi

Salvado é un artista de formación autodidacta na música tradicional, na que ten explorado novas formas. Despois do lembrado O ladrón de amorodos, o seu último traballo titúlase Rústica, resultado do encontro de catro grandes da música galega, Cristina Pato, Anxo Pintos, Roberto Comesaña e o propio Salvado, que foi considerado como “unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia”.

Galego

Concerto de Derek Gripper

Un dos mellores guitarristas do mundo. Presentando o seu exitoso traballo One night on Earth. Un excelso traballo que percorre os sons máis profundos de Mali e os seus músicos e que tributa á esencia que este país achega ao mundo mediante mestres como Toumani Diabaté ou Ali Farka Touré.

Un dos seus grandes desexos sempre foi tocar no Mosteiro de Santa Cristina e deleitarse coa súa exquisita acústica.

Galego

Concerto de Leo Minax

Leo Minax este artista brasileiro presenta o seu último traballo, "Lo que no estaba escrito", o sétimo publicado en España por este músico inquedo que ten colaborado con moitos artistas ao longo da súa carreira. Presentará as súas cancións en formato acústico (voz e guitarra), tal e como foron concebidas. 

Galego

Talabarte ao son da cociña

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin GarcIa. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto adobado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

Galego

Concerto de Guezos

Guezos quería dicir en barallete (antiga lingua usada polos afiadores ourensáns) rapaces, nenos, cativos.

Guezos naceu en 1999 como proxecto de grupo musical tradicional. Pouco a pouco, o grupo comezou a evolucionar cara o folke e todas as músicas interesantes do mundo mesturando nos directos e nos discos de estudio o folk, o rock, o reggae, a rumba,... 

Galego

XXX Xuntanza Internacional de Gaiteiros

Un ano máis, o Castelo de Monterrei acollerá a Xuntanza Internacional de Gaiteiros que xa vai pola súa 30 edición. Organizada pola Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Monterrei.

Os arredores da fortificación medieval servirán de escenario para que as bandas, músicos e "cantareiras" exhiban a arte secular do instrumento máis arraigado na cultura popular ourensá, galega e europea: a gaita.

Galego

Concerto de Ukelele Clan Band

Un grupo que se atreve a mesturar o banjo co caixón flamenco e que se pode atopar tocando nun festival, nunha azotea ou en calqueira esquina da cidade.

Nace cunha marcada vocación rueira, viaxando polas cidades máis emblemáticas para ensinar as súas cancións. Tras o éxito das súas primeiras gravacións, lánzanse a gravar o seu primeiro CD auto-editado "The Sun" no 2012, creando a súa propia discográfica "Garganta Records". 

Galego

Concerto de Eliseo Parra

Eliseo Parra, nacido na Ribeira do Douro un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante. Aos 14 anos de idade a familia emigra á Barcelona dos anos 60 e é alí onde, sen querelo, se converte en músico profesional aos 18 anos e estudante libre no Conservatorio Municipal. Case desde o principio foi batería-cantante en bandas de rock. Naquela gran Barcelona do setenta, acompañou en directo ou en disco a Ovidi Montllor, Gato Pérez, María del Mar Bonet, Marina Rossell ou Al Tall, entre outros.

Galego

Actuación da Tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets.

No seo da campaña internacional promovida desde a Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos e os propios mercados, co obxectivo de destacar o papel dinamizador dos mercados amén de potenciar a compra de produtos locais e de tempada e contribuir a destacar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk