Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

40 aniversario de Aí ven o maio

Luis Emilio Batallán é un compositor, músico e cantautor galego nado en Moraña. Autor de éxitos recoñecidos como "Aí vén o Maio" e "Quen puidera namorala", é considerado un dos representantes da Nova Canción Galega. 

É experto musicalizando textos líricos e literarios como os de Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro e Uxío Novoneyra entre outros e conta con colaboracións con grandes artistas como Pablo Milanés e Joaquín Sabina

Galego

Coanhadeira

Nalgúns lugares de Galicia, as coañadeiras eran aquelas mulleres responsables de varrer os restos do cereal, logo das duras xornadas da malla. Tamén recibían ese nome as vasoiras que empregaban e, no fondo, o grupo Coanhadeira naceu en 2006 con ese mesmo espírito de recollida e vive entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral.

Galego

Eudemónicas

Este grupo presenta nas súas actuacións un formato didáctico e un percorrido variado polas músicas tradicionais e o papel que nela xogaron as mulleres. Queren transmitir un recoñecemento ás portadoras de saberes. Inclúen sonoridades distintas: vogais, de corda, de vento ou percutidas.

Grandes e pequenos fragmentos musicais coas historias que os acompañan.

Galego

Clave de Fado

Clave de Fado está fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña. Naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o fado.

Galego

Puntada sen fío

Música tradicional, folk e de autor para unha tarde de domingo onde ademais do concerto haberá visita ao pazo e viño.

O grupo de música folk Puntada sen Fío chega ata Rois para presentar o seu primeiro traballo discográfico 'A lúa prendeu a luz', un álbum que se fixo realidade co apoio do micromecenado. O trío formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (percusión) e Roberto Rama (saxo) rodéanse neste concerto de amigos: Paco Barreiro, Rosalía Fernández Rial, Tanxugueiras...

Galego

Concerto de Os d'Abaixo

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Galego

Concerto de Os Amigos dos Músicos

Os Amigos dos Músicos móvense nun terreo no que mesturan fantásticas melodías pop, arranxos provintes do fok americano e unhas letras que rozan o costumismo interpretadas en galego, sacandolle así o mellor partido posible ao noso idioma neste xénero. Con todo iso conséguese un repertorio propio con fermosas cancións.

Nas próximas datas ofertarán varias actuacións pola xeografía galega.

Galego

Vendima tarda

Treixadura constitúe, desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk