Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Tonecho Castelos e Pablo Esqueiras

No seu haber musical está o ter formado parte de distintos grupos de música tradicional e folk das mariñas lucense e coruñesa. Presentan o seu primeiro traballo discográfico Nas mariñas.

O seu directo é un directo que convida a unha viaxe pola súa música, un concerto íntimo, elegante e divertivo á vez. Aínda que sexa só un dúo incorpora no seu concerto unha rica variedade instrumental dando desta maneira un colorido sonoro moi singular. Cabe destacar tamén a súa faceta didáctica, xa que contan cunha versión didáctica da súa música para un público familiar.

 

Galego

Concerto de A Jigsaw

Despois de tres anos e tras a edición do seu derradeiro traballo de estudio, os multi-instrumentistas Jorri e João Rui presentan o seu novo álbum No true Magic.
As raíces continúan sendo o folk, o blues, a literatura e un concepto: a inmortalidade. Despois da perda da inocencia e da creación da identidade, A Jigsaw agora fai referencia a aceptar os termos da mortalidade.

Galego

Uxía & Narf

Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer As baladas da Galiza imaxinaria.
É precisamente esta Galicia imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos, a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe.

Galego

Concerto de el Meister

El Meister é o alcume en solitario de Javier Vielba, vocalista de Arizona Baby e Corizonas, dous dos grupos máis emblemáticos e recoñecidos do actual panorama alternativo nacional.
El Meister móstranos o perfil máis próximo e sedutor de Javier Vielba, cun repertorio propio, alleo a Arizona Baby ou Corizonas, nunha simple pero magnética posta en escena onde o seu neofolk contemporáneo, humor e poder comunicativo garanten unha emocionante experiencia.

Galego

Concerto de Ora Cogan

Enfundada nunha camisa de cadros, Ora Cogan desenterra as súas raíces e bótaas a voar. Porque hai algo nela que soa aos 40, os 70, os 90, ou a uns 2000 influenciados por calquera tempo pasado foi mellor.

Na febre do revival folk, Ora Cogan trae o mellor de cada época.

Galego

Lulavai

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde  o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai.

Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 

Galego

Caxade

Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-Pop de autor cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo posmodernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico.

Premio Opinión ao Mellor Artista, gañador do Música Xove, unha nominación aos Premios Mestre Mateo 2013 (mellor video clip) , dous nomeamentos aos Premios Opinión 2013 (mellor disco e mellor artísta), aos Premios Galegos da Música e aos Premios de la Música Independiente.

 

Galego

Concerto de A Bagunda

A Bagunda, orquestra republicana autóctona,defínense como un "grupo formado por catro músicos fartos deste sistema capitalista que o privatiza todo, dos recortes nos servizos públicos básicos, da injustiza social e da cultura elitista e enlatada".
Tres do compoñentes son de distintos barrios da cidade de Vigo: de Lavadores, de Paio de Navia e de Bouzas e un de Ortigueira. Proceden de formacións musicais como "Amieiros do Lagares", "Colectivo Paseniño", "Contradanza", "Armeghin", "A Fusquenlla", "A Confraria da palleta", "Vai" ou "Cas na Loba"

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk