Recital poético multilingüe de Con barqueira e remador
O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador acada xa a cuarta edición anual declarando a súa continuidade tanto como o seu carácter pioneiro e singular. Un traballo intensivo, presencial e recíproco de intercambio entre linguas e poéticas coordinado por Yolanda Castaño. Nesta edición conta con actos abertos ao público e gratuitos. Este recital poético é un deles, en colaboración co Concello de Redondela.