Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Literaturas de cego

Dentro da exposición poden verse instrumentos como acordeóns, zanfonas, guitarras, pandereitas, violíns ou bandurrias da colección persoal de Joaquín Díaz, tamén conta cun instrumento de reprodución musical que utilizaron os cegos copleiros na súa aproximación ao cinema. Destaca a importante selección de pregos de cordel divididos por seccións que están expostos e fotos dos cegos.

Galego

Os fondos europeos e o apoio á cultura no ámbito museolóxico

Xornada que ten como obxectivo informar sobre os programas europeos aplicables ao ámbito da cultura e, especificamente, a proxectos museísticos, así como sobre as redes de asesoramento e información.

Esta xornada está dirixida aos operadores das industrias e institucións culturais e creativas, especialmente aos axentes de espazos museísticos, de ámbito público e privado.

A entrada é libre.

Máis información

Galego

Xornadas sobre Migracións Indianas

Na parroquia vilalbesa de Santaballa consérvase o legado daqueles que noutrora tiveron que deixar a súa terra para cruzar o océano a buscar unha mellor vida. Daqueles indianos queda o máis relevante legado que podían deixar, as escolas, xa que desde a emigración foron conscientes da necesidade dunha educación para os fillos destas terras.

Galego

AARRG 2015

Santiago de Compostela acolle un encontro internacional de arqueoloxía aérea, o AARG 2015, organizado polo INCIPIT (Csic) no que se exporán achados e técnicas vinculadas á disciplina.

Cada vez máis, a tecnoloxía de teledetección área, os modelos dixitais do terreo e outras técnicas de visualización están a permitir novos descubrimentos arqueolóxicos e, sobre todo, novos procedementos e técnicas. 

Máis información

Galego

Encontro de torneiros da madeira

Os Encontros internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na península ibérica que se celebra no concello chairego de Xermade dende fai 15 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.

Galego

Urbano Lugrís no Museo Massó, e viceversa

Espazos Sonoros pasa por Bueu para dedicarlle unha xornada ao legado da familia dos Massó, non só desde un punto de vista industrial, senón tamén artístico e musical.

Para iso, proponse unha visita na que poder ollar, desde unha perspectiva diferente, a vila de Bueu a través do legado da familia de industriais Massó e da pegada do poliédrico artista galego, Urbano Lugrís.

Galego

Cultura e comunicación na Europa do século XXI

Responsables de Jot Down, eldiario.es e El Cultural son algunhas das persoas que estarán nesta xoranda para falar de emprender e comunicar cultura. 

A presente xornada tenta, pois, crear un marco de reflexión sobre as políticas de comunicación, o papel da cidadanía, a creatividade cultural en tempos de crise económica, as relacións, moitas veces difíciles, entre o xornalismo e a industria cultural, e o emprendemento comunicativo en materia cultural así como o papel das institucións na difusión e na comunicación cultural.

Galego

O novo modelo audiovisual. Financiamento e distribución

Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) organiza as xornadas informativas O novo modelo audiovisual. Financiamento e distribución, que terán lugar os días 9 e 10 de setembro de 2015 na Cidade da Cultura de Galicia (Salón 2 do Edificio CINC).

No encontro trataranse temas como as novas axudas automáticas ou a importancia do plan de marketing e conta con subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a colaboración da Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales (Egeda).

Galego

Feiras do Libro de Galicia

Foz é a nova parada das Feiras do Libro de Galicia. Tras Viveiro, é outra cidade da mariña lucense a que acolle esta cita coas novidades editoriais, o libro e a lectura.

Unha ampla programación cultural con obradoiros, recitais, concertos... complementa unha feira na que non faltan a presentación de novidades editoriais e os encontros con autoras e autores e sinaturas de libros.

Máis información e programa

Galego

Romaría dos Libros

Romaría lúdico-literaria organizada por librarías e editoras de Compostela con diversas actividades para nenas e nenos, e todos os públicos:

- Actuacións musicais para nenas e nenos: concerto didáctico de Sira e o robot 

- Exprés literario coa lectura libre de poemas de Wislawa Szymborska

- Presentacións literarias

- Combate de debuxantes

- Solta de libros

A romaría conta con espazo para os cativos e zona de xantar. 

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso