Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

130 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

Un 15 de xullo de hai 130 anos finaba Rosalía de Castro na Casa da Matanza en Padrón. A Casa Museo-Rosalía de Castro lembra todos os anos esta data. Nesta ocasión, con poesía, música e relatorios.

Programa:

- Presentación do libro cos premios de Poesía Escolar Con textura de fume.

- Lembranza de María do Carme Kruckenberg: Mercedes Queixas.

- Letras Filgueira Valverde: Carlos Valle

Galego

Xornadas sobre Viño e Cultura Galega

As Xornadas sobre Viño e Cultura Galega regresan este mes de xullo con tres sesións nas que as persoas que participen terán ocasión de se achegar á cultura do viño e de afondar, a un tempo, na vida e obra de recoñecidos escritores.

Federico García Lorca foi o protagonista da primeira proposta, especialmente os seus poemas. Nesta segunda ocasión, a xoranda xira ao redor do polígrafo e investigador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado coas Letras Galegas 2015; e en concreto ao redor do viño nas Cantigas de Alfonso X.

Galego

Xogar tamén é cousa seria

Máis alá da súa función lúdica, os xogos dixitais poden ser ferramentas valiosas para a aprendizaxe, a comunicación ou a información.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promove Xogar tamén é cousa seria, unha xornada na que se analizarán experiencias de empresas e institucións galegas que empregan o videoxogo como recurso encamiñado a mellorar aspectos diversos, como a produtividade empresarial, as vendas, a formación, a saúde ou a educación.

Galego

Nethinking 2015

#NEThinking é un encontro anual entre algúns dos expertos comunicadores, bloggers e artistas máis influentes en internet, para debater e transmitirr coñecemento sobre a contorna dixital, os novos medios comunicación, redes e modelos de negocio ao redor dos contidos dixitais. Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, e coordinada por Tres Laboratorio de Ideas y Comunicación, a iniciativa celebra en 2015 a súa quinta edición.

Galego

Os curricula escolares nos novos plans de estudo: O Ensino da Literatura a debate

Esta xornada pretende facer balance do lugar que vén ocupando a literatura nos currícula escolares e reflexionar sobre o seu ensino no marco das materias de humanidades, prestando unha atención especial ao caso galego. Para isto concibiuse como un foro de debate entre os sectores implicados e interesados no ensino da literatura (a Administración, o profesorado, as editoras, etc.) en todos os niveis do sistema educativo, especialmente nos obrigatorios.

Galego

XI Xornadas Interxeracionais Rurais

O primeiro dos días adicaráse a recordar a figura de Anxo Guerreiro nado na parroquia de Roupar do concello de Xermade.

A segunda xornada estará adicada, este ano, a potenciar a interrelación entre os movementos asociativos do Concello de Xermade, creando así o I Encontro das Asociacións.

Como todos os anos haberá charlas, mesas redondas e na última xornada remataráse coa 10ª edición das Xornadas Chairegas do Xogo Tradicional e Popular.

Galego

Camiño. A orixe. Organización e xestión dunha exposición temporal

Con motivo da exposición Camiño. A Orixe, o Museo Centro Gaiás ofrece a oportunidade de adentrase na organización dunha exposición temporal, analizando as diferentes fases e técnicas de traballo deste proceso, desde a concepción da idea ata a inauguración. Será do 8 ao 11 de xuño nas xornadas académicas Camiño. A orixe. Organización e xestión dunha exposición temporal.

Galego

V Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia convértese por quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no V Encontro de Artistas Novos que se celebrará na Biblioteca e Arquivo de Galicia do 7 ao 11 de setembro de 2015.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso