Albert Camus
Camus foi unha das figuras do existencialismo que constituíu un referente de ideas, valores e formas de vida. Os problemas que abordou (a soidade, a culpa, a acción, o nexo entre política e ética…) continúan a ter plena vixencia hoxe en día. As xornadas Albert Camus, que organiza a sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG), serven para revisar o ideario e a obra desta figura brillante da modernidade, pero tamén para analizar a pegada que deixaron en Galicia.