Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

The show moscón

“The Show Moscón” é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordiño. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se haxan no seu interior. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ao longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia O retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company ou Meigo Lioz Shem,

Galego

Límbico en concerto

Límbico é un proxecto persoal do guitarrista e compositor Iago Marta. Unha banda instrumental que funciona como vehículo das ideas e preocupacións musicais do seu creador, tentando aglutinar as numerosas e variadas influencias ás que estivo exposto na súa traxectoria como intérprete. Partindo dunha visión jazzística da interpretación, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folque, da enerxía do rock ou da improvisación libre.

Galego

Leticia Rey en concerto

Concerto Leticia Rey en formato trío a voz, guitarra, piano e baixo

Leticia Rey é unha das claras promesas da música galega, tras gañar o Premio Estudios Mans da Fundación Paideia decidiu apostar en firme pola súa carreira musical

Concerto de Leticia Rey xunto ao excepcional pionista Iago Mouriño presentando o disco LuX, grabado en directo, e temas inéditos e algunha versión.

Un concerto moi recomendable para ciclos de música intimista con unha voz que sorprende a calquera que a escoita por primeira vez.

Galego

Ju Young & Martín Otero en concerto

Ju Young e Martín Otero coñécense nos Países Baixos estudando jazz no Conservatorium van Amsterdam. Ambos comezan a actuar xuntos en diversas agrupacións ata que posteriormente forman un dúo co que seguirán actuando en cidades como Ámsterdam e Leiden. Nesta formación exploran as posibilidades dun repertorio jazzístico cun enfoque máis intimista e persoal, dando espazo a outros estilos musicais e, por suposto, a composicións orixinais.

Galego

Elephants Yard en concerto

Elephants Yard tamén ofrece un traballo de base, levando a música Reggae ás pequenas salas e escenarios ofertando un show de versións clásicas do Reggae. A amplitude do repertorio permite ofrecer unha sesión de covers de calquera estilo jamaicano, desde ritmos mais oldies (Ska, Rockstrady, Calypso), clásicos do Reggae 70´s ou un show mais moderno centrado no Rub-A-Dub (Rap Xamaicano), Early Dancehall e RaggaeMuffin.

Galego

Diego Alonso 5tet en concerto

As composicións deste quinteto nacen da necesidade de expresión a través da música propia do líder da formación, Diego Alonso, habitual das escenas galegas e portuguesas. A meirande parte das obras son de creación xenuína do músico, alén de composicións doutros membros da banda. Partindo de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas, texturais e estilísticas, foméntase a voz individual de cada un dos membros, situando así á banda no eido do jazz contemporáneo. 

Galego

Rheia Gorecki

En 2021 publicaron o seu primeiro traballo, "VVV", dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato vinilo grazas á colaboración de catro selos independentes (The Braves Records, La Rubia Producciones, Quebranta Records e Nooirax Producciones).

Paula Rego (Agoraphobia), Héctor Ojea (Battosai) e Gustavo Rey (Mascada) completan a banda de directo acompañando a Catu e Adrián.

Galego

Trilitrate Concerto a trío

Trilitrate é un proxecto que crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Esvaecen as liñas existentes entre a composición e a improvisación, revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro dun universo propio. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo