Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sanny en concerto

Sanny é o proxecto de Sandra Gómez, cantautora viguesa que acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía galega e incluso da inglesa.

Nesta ocasión, acompáñase de Anxo Paz á percusión (quen xa participou activamente no proxecto dende a publicación do EP) e Denis Carballás á guitarra. Esta proposta dota ás composicións principalmente acústicas do repertorio de Sanny dunha maior sonoridade. Xuntos adaptan temas do EP a este novo formato e adiantan tamén algúns temas do que será o próximo traballo da formación.

Galego

Sanny en concerto

Sanny é o proxecto de Sandra Gómez, cantautora viguesa que, acompañada pola súa guitarra e harmónica, percorreu xa escenarios de distintos puntos da xeografía galega e mesmo da inglesa. As súas influencias veñen principalmente de artistas de folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez ou Neil Young entre outros, de quen aprende a importancia e a responsabilidade de utilizar a música como ferramenta social.

Galego

Saíndo do lodo

Unha pandemia mundial e ducias de cancelacións non fixeron máis que alimentar a creatividade e empuxe da Mascada, que levan traballando durante todo este tempo no seu primeiro disco para, dunha vez por todas, botarse á carretera e non parar máis (ata que chegue a apocalipse zombi, canto menos).

Galego

Que te vaya bonito! Chavela a través de las canciones

Imos conversar e sobre todo a cantar a Chavela, para descubrila, e que nos desvele segretos de nós mesmos, a través das cancións, os poemas, as anécdotas, os sons... por algo a chamaban a  Chamana! Recrearemos o espírito dunha cantina, lugares casi sagrados para Chavela e os seus compañeiros e compañeiras de música, nas que tantas cantigas inmortais, comezaron a súa vida; éxitos coma En el último trago, Macorina, La llorona, que te vaya bonito...

Galego

Pölisong

Pölisong nace en 2011 en Ferrol tras o encontro de catro apaixonados do rock and roll. Influenciados por lendas como Led Zeppelin, AC/DC ou Bad Company, e outras bandas máis recentes como Hellacopters ou The Answer, elaboran un amplo repertorio de cancións intensas e contundentes. Cargados de influencias da gloriosa época do Rock os 70 que lembran a Zeppelin, Free, Queen… e achegan unha firme declaración de intencións de rexuvenecer este estilo e demostrar que a chama do R´n´R aínda continúa acesa.

Galego

O Cadelo Lunático en directo

Concerto de blues e soul en galego con temas propios. 

A banda está xirando con nova formación presentando o seu novo disco Pantasmas das rúas (Guitar Town, 2021),  e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

 

Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

Galego

Xira Íntima

A cantante e compositora galego-suíza vén de consagrarse como “Artista do Ano" nos premios da música de Galicia, os Premios Martín Códax da Música 2022, nos que tamén recibiu o galardón como mellor proxecto na categoría de "Blues, Funk e Soul". 

 

Galego

Moura

Dous anos despois do lanzamento do seu debut homónimo e do sinxelo "Muiñeira da Maruxaina" en 2021, Moura volvían o pasado mes de maio co seu agardado segundo traballo de estudio no que afondan aínda máis na tradición galega, tanto a nivel lírico coma instrumental, acadando o recoñecemento da crítica especializada. De 'Axexan, espreitan' (2022, Spinda Records) publicáronse até o momento os sinxelos "Baile do dentón" e "Romance de Andrés d'Orois", temas a medio camiño entre a neo-psicodelia, o rock progresivo, o kraut-rock e o folk galego.

Galego

A viaxe galega de Lomax e Bell

Cantometrics é unha banda formada por cinco músicas galegas de ampla traxectoria musical en diferentes estilos que abarcan desde a música clásica e académica ata a tradicional, pasando polo pop, o folk ou a música electrónica. Mariña Vigo (gaita), Luís Bolón (zanfona e percusións), Sandra Pérez (láminas e percusións), Nébeda Piñeiro (voz) e Iago Camaño (acordeón) integran este proxecto que toma como base o arquivo sonoro de Alan Lomax.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo