Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Mounqup

Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva dende os 15 años participando coa sua voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comenzou a xogar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe. As súas composicións son un collage de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup.

Galego

Atravessia

Con máis de vinte anos de carreira e 7 discos lanzados, o guitarrista e compositor Mauricio Caruso vén reformulando súa actuación e o formato do seu traballo, se presentando no ultimo ano en trio, acompañado de musicos de alto nivel artístico e tocando composicións que forman parte de súa historia.

Despois de tres anos vivindo na Galicia, Caruso lanza o disco novo, gravado no estudio Ancestral (Pontevedra) en directo e en trio.

Neste recente traballo temos novas composicións, con influencias da música galega.

Galego

Cataratas del paraíso

A banda galega volveuno a facer, despois de lanzar o seu "Resplandor" (Subterfuge, 2018) volven cun disco que atesta autenticidade, sensibilidade e a enerxía que lles caracteriza. Foron capaces de construír en once cancións unha auténtica montaña rusa de emocións onde os ingredientes básicos son as melodías pegadizas e unhas letras honestas e sinceras.

O disco foi gravado nos Estudos Planta Sónica de Vigo baixo os mandos de Pancho Suárez de Lis e mesturado e masterizado por Santi García e Víctor García nos Ultramarinos.

Galego

A Doce Vita Sons de cine

Unha selección de temas lendarios do cine arranxados a ritmo de jazz, tango, bolero ou bossa-nova interpretados con elegancia e unhas boas doses de improvisación.

Unha homenaxe ao cine e a súa música, tributo a todoslos que compuxeron a gran banda sonora do século XX.

Galego

Testemuñas

TESTEMUÑAS é un claro exemplo de todo o que nos rodea. Non só no referente á COVID, senón tamén os problemas que xa tiñamos e dos que nos estamos esquecendo. A loita feminista segue estando moi latente, pero desta volta, a temática, tamén xira en torno a Galiza, quizáis pola etapa universitaria que Pauliña comezou a vivir este ano.

 

Galego

Viva Lou Reyes

Espectáculo baseado no disco  de Lou Reyes "Viva Lou Reyes" recopilatorio de temas do artista completado con outras composicións no incluidas no disco e algunhas adaptacións propias e tamén algunha versión. Rocanrol de estilo de partida cincuentero pero evolucionado, en castelán principalmente, música para bailar dentro dun espectáculo concebido ao xeito clásico de "exposición, nudo e desenlace", con momentos e repertorio que tocan as distintas emocións

Galego

Abril

Claudia Abril (voz e percusión), Marina Carpente (violín e voz) e Antón Lago (guitarra e voz) son as integrantes de ABRIL, un proxecto musical no que se mesturan músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros, o que aporta ás melodías tradicionas un aire fresco, adaptándoas a sonoridades actuais.

Galego

Invento

Madalena Gamalho é unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono. Inicia o seu percurso musical no 2015 en formacións como Nota Bene ou Os Meninos, atuando en Galicia e Portugal. Vocalista na actualidade da banda jazz folk Laroá e recentemente finalista no concurso Sonidos Mans 2022, así como do concurso Fran Pérez Narf co seu proxecto máis persoal, Invento.

Galego

Cucú

BROA é a nova fornada musical saída das quenturas das chemineas fumeantes de Cerceda, paraíso do Rock do país. Músicos de Machina, Morgen, Ruxe Ruxe ou Presencia Zero compoñen este power-trío.

A broa é de textura áspera con engurras que mal tocadas poden magoar mais no seu interior é doce e tenra. De igual xeito, o primeiro disco de Broa, “Cucú” é un produto á vez doce e salgado; tenro e salvaxe mais sobre todo auténtico que non te deixará indiferente.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo